Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.315 posts
29 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • A choiva escasa do que vai de ano

    O que vai de ano trouxo choiva escasa en toda Galicia. Na zona de Ribadeo quizáis un pouco máis abondante que en xeral, pero aínda así escasa. Menos da metade, case a terceira parte, do ano que menos choveu da década anterior. Aí están os datos da estación que mantén a Pedro Murias do 1…

  • Via Crucis

    Hoxe amenceu con choiva. Á noite, en cambio, facía unha temperatura abondo mellor que anos pasados en luns equivalente. E foi o día do Via Crucis. Dispúxose un pouco pasada a hora prevista, as dez da noite, e fixo a primeira parada ós poucos metros de comezar. A primeira estación foi aproveitada polo párroco para…

  • Xa podes ver o PXOM de Ribadeo

    O PXOM aprobado inicialmente no penúltimo pleno xa está exposto ó público na rede.

  • Concerto da Banda Municipal de Ribadeo na Igrexa de Santa María do Campo (20120401)

    O concerto de onte da BMR: os audios, por orde, un par de fotos e o programa. (Preludio coral, un pouco cortada ó comezo) (Xesús meu, de Bach, un pouco cortado ó comezo) Bis:

  • 750 Ha + …

    Máis de 750 hectáres queimadas. Isa era a conta anoite, o que traen os medios esta mañá. Adeus a boa parte das Fragas do Eume. 750 Ha son 7,5 km2, é dicir, case 4 km x 2 km, que se suman á destrucción dos acuíferos (cántas fontes quedan fiables?), a contaminación mariña (Do Prestige ó…

  • Rematou o ciclo de cine forum de O Tesón

    Nota de prensa de O Tesón: AVV O Tesón Nota de prensa Ribadeo, 20120331 O venres 30 de marzo tivo lugar a última proxección do ciclo de cine forum ‘Indignados’, promovido pola AVV O Tesón durante os venres do mes de marzo no salón de actos do edificio da antiga cárcere de Ribadeo. Un total…

  • Será bo título?: Pasou a tontería necesaria

    Non creo que onte moitos dos que secundamos a folga non a consideráramos algo así como unha tontería necesaria, sabendo que é necesaria unha resposta para amosar que non soportaremos que nos rouben indefinidamente, e respostando así nunha escolla de posibilidades coa que non se está satisfeito por ver as súas limitacións. En Ribadeo, había…

  • Pleno truncado (III) – 20120323

    Continuación de Pleno Truncado (II) e Pleno truncado O punto 7º versou sobre as facturas pendentes do 2011. Foi aclarado que se permite pagar ós concellos ata fin de abril, e que hai algún erro no listado, así como que o Real Decreto non inclúe débedas a entidades públicas e outras (concesións, subvencións, …) -Ocórreseme…

  • Convocatoria dun pleno extraordinario para mañá 28 de marzo de 2012

    Sobre o plan de axuste do Concello, como xa estaba anunciado, e aparece notificado na web do concello, coa convocatoria íntegra en Cronica 3: NOTIFICACIÓN DE CONVOCATORIA DE SESIÓN PLENARIA O Sr.Alcalde-Presidente usando das atribucións que lle confire o art. 21.1 c) da Lei 7/85 por Decreto desta data resolveu convocar ao Pleno do Concello…

  • Preparando a folga

    Onte comentei noutro lugar unha presentación gráfica sesgada sobre o resultado das eleccións non como algo político, senón como exemplo de algo para conseguir obxectivos. Doutro xeito, conseguir obxectivos,é o que se pretende coa folga do 29M. Tanto por parte dos convocantes como dos adheridos como do goberno. Por suposto, a rede está que bota…