Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.315 posts
29 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • Pasou o día?

    Remedando un dito, ‘Pasou o día, pero non a romaría’. Coido que mellor unha imaxe, recortada dunha foto da colección de Brocco Lee en Flickr, tomada en Atocha, Madrid. 12 de Maio 2012, que collo a traverso do blog do Ángel de Olavide que animo a ler (lic. da foto, atribución-compartir igual xenérica 2.0): Despois…

  • numerando os días, actuando neles.11M, 12M, 13M… …

    12M Despois dun ano, as persoas do movemento 15m volveremos a saír ás prazas nunha xornada de mobilización global, ocupando un espazo que é noso, das veciñas e veciños. Non será unha celebración nostálxica dos acontecementos do 2011, pero si unha maneira alegre de volver a estar xuntas, para seguirmos pensando que mundo queremos; sabemos…

  • Un xulgadiño, …

    Petición denegada? Ó mellor pediuse tan baixo que non houbo lugar á escoita. De feito, non teño constancia que dendeo o concello se pedira dende hai máis dun lustro. Si pola cidadanía, e as sinaturas presentadas polo Tesón hai ano e medio, a foto cos políticos que (inxenuos) pensábamos que apoiarían a cuestion, a viaxe…

  • Castropol entre nubes. Ribadeo …

    De todos é sabido que a ría de Ribadeo ten magníficas vistas. Tamén o é que as vistas dende a beira en Ribadeo son mellores que as que se observan dende Castropol. É algo que ten dada lugar a algunha anécdota. Aquí queda unha foto de Castropol dende a beira occidental da ría de Ribadeo…

  • Ribadeo, onte: tres fotos desiguais

    Onte leveime unha sorpresa. Facía tempo que non subía pola aduana vella e atopeime isto: Como se ve, un graffitti métese mesmo nos vidros das fiestras. Hai máis noutro lateral. Subín pensando que é o que algunha xente entende por arte, o lugar do arte, … Na fin de semana houbo unha aproximación luar á…

  • Novas relacionadas con Ribadeo

    Entre as novas deste fin de semana, destaca a nivel internacional a victoria de Hollande nas eleccións francesas, que xa ten xerado comentarios que en certo xeito lembráronme ó Premio Nobel de Obama, un premio dado antes de ganalo, polas expectativas. Con outra interpretación, a victoria dos nacionalistas escoceses nas eleccións locais na súa terra…

  • Un vello artigo publicado o 19990430 na Mariña de El Progreso, para repensar sobre a economía local

    Pastoral Ribadeo, 1999. Un ano antes do fin do século e do milenio, en Ribadeo estase a plantexar unha pequena revolución comercial. Nalgúns sitios, fai anos que tivo lugar. En outros, aínda tardará. O feito: tres grandes superficies comerciais / áreas comerciais (ou como se lles queira chamar, pois hai unha gama de centros deste…

  • Cambio de luces para aforrar, 500 € por unidad

    Estes son os prezos: máis de 500 € por luminaria cambiada no porto de Viveiro, cun total de 35 000 € para cambiar 63 luces. Entendo que é só para cambiar a luz, non o pé e demais necesidades. O aforro que se vai producir (unha volta feita a instalación) vai ser gordo. Así están…

  • Artigo de Evaristo Lombardero sobre ouro e eleccións

    MINA DE ORO Y ELECCIONES AUTONOMICAS Las grandes empresas multinacionales como ASTURGOLD o BEGASA-EON disponen de múltiples recursos para manipular a la opinión pública y medios de comunicación para conseguir sus fines, que se resumen en aumentar las ganancias año tras año. En los últimos meses ASTURGOLD ha centrado su estrategia publicitaria en mostrar que…

  • RCNR

    O título serán as siglas do club náutico de Ribadeo, un dos máis prazas de Galicia e situado en Porcillán e Figueirúa, sobre a ría de Ribadeo. E, dende esta semana, Real. Porque era só real. Agora tamén o é Real. Por concesión da familia Real, entendo que por facerse propaganda a si mesma a…