Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.459 posts
38 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • Era un parque infantil

    Era. Estaba nun extremo da Vía Troncal, cando chegaba ó Xardín, preto da Casa do Óptico. Din que os nenos choraron ó velo. Sucedeu a primeira hora da noite do sábado. Parece que están investigando, pero despois de estar alí, coido que a cousa comezou polo tobogán de fibra e transmitiuse á caseta de madeira…

  • Gilberto

       Escribir unha necrolóxica non é algo que me guste facer. Mais cando se escrebe é porque se cree que a persoa meréceo. Gilberto, Gilberto Suárez Méndez, meréceo.     Quizáis alguén das novas xeracións non coñeza aínda a Gilberto, pero é difícil chegar a Ribadeo e estar un certo tempo sen saber del. O antroido…

  • Día D – 2ª parte

    A CIG e a ELA denuncia a Aznar, Zapatero e Rajoy polo saqueo de España.

  • Día D

    Hoxe é o noso particular día D. O día fixado para o rescate financieiro, segundo filtracións. Filtracións, como non, interesadas, que meten máis presión no cotarro. Un día ‘perfecto’: en fin de semana, co comezo do campionato europeo de fútbol, a unha semana das novas eleccións gregas, … Ben, as novas que se presentan a…

  • Sons da ría

    Unha foto da ría de Ribadeo onte, co arco da vella querendo medrar sobre a Ponte dos Santos, e un minuto de gravación de sons na zona do cargadoiro: aire e paxaros.

  • Corrupción (e van …)

    Onte nos xornais viña unha nova que xa non é inquietante por coñecida: en europa están preocupados pola corrupción, na que se levan a palma precisamente os PIGS (é dicir, nós, máis Portugal, Italia e Grecia). Hoxe, que NovaGalicia (por que seguirá levando o nome de Galicia como insignia cando xa non é galega nin…

  • Só un par de ligazóns

    Unha, a wiki sobre o movemento 15M. A outra, http://www.eldiario.es/zonacritica/wp-content/uploads/2012/06/precipicio.jpg (lic. cc-sa, de Bernardo Vergara), a correspondente a unha viñeta dentro de ‘eldiario’, un sitio que está producindo moito material bo sobre a crise.

  • Para levar ben a vida hai que rir

    O consello dunha redeira de Corme leva ó substancial da vida, que non é a risa, senón a felicidade. Pero resulta que se sabe dende hai tempo que se non son o mesmo, que non o son, si teñen algunha relación. Por iso hai que tomarse a vida con perspectiva, non a cegas, seguindo un…

  • Manifestación polo ensino

    A manifestación tivo lugar hoxe en Ribadeo, con xeitos de enterro, transcorrendo dende o IES Porta da Auga, pola Avda. de Galicia, ata o Insalud, para logo retornar polo mercado e s. Roque ó punto de partida. Embaixo, uns vídeos e fotos:  Coido que a manifestación non necesita moita explicación para quen teña un mínimo…

  • Difusión (dunhas e outras novas) …

    Difundir as actividades que hai en Ribadeo non é doado: o doado é que se escape algunha. Despois do concerto de percusión do Pera e a homenaxe a Baixeras, esta semana hai/houbo un encerro (luns), unha manifestación (hoxe ás 11:30), unha charla de explicación de política do goberno do estado (onte), camiñata da terceira idade…