-
Finanzas públicas: para aforrar en Ribadeo
Remato de ver unha nova sobre un ‘pequeno’ aforro nunha cidade. Trátase de Múnich, que aforra uns 4 M€/ano ó mudar ó software libre. En Ribadeo hai tempo que se lle ten proposto ó concello que faga a muda, tendo o aforro como unha das cousas a contemplar. Parece que é moi complicado o que…
-
O que pasou onte en Mondoñedo
Onte foi a vista oral do xuizo iniciado á petición miña contra Balbino Pérez Vacas por prevaricación. O xuízo trasladous ás dependencias xudiciais de Mondoñedo ó estar citadas 12 persoas para declarar, sendo levado por un dos xulgados de Lugo. Pouco que dicir: declaramos 11 persoas e unha máis non acudiu. A falta de escoitar…
-
Baile de cifras
Días movidos istos nos que se produce un contínuo baile de cifras. Sube a bolsa (máis ben lento) e baixa (dunha tacada, preto de 3%). Intradía, a prima ‘de risco’ sube 40 puntos e volta baixar algo menos da metade, ó son dos intereses da débeda. Mesmo o límite de velocidade, despois de ser baixado…
-
Respiro aliviado, Syriza no ha ganado!
A práctica toalidade de medios informativos que chegan a Ribadeo fánno en castelán. O titular debe tomarse entón como un ripio nunha traslación doutro (titular e posible ripio) correspondente a un medio ficticio falando sobre as eleccións gregas. Como complemento, dúas ligazóns a un par de blogs -non ficticios- con entradas relacionada. Un, sobre o…
-
Da cidade da xustiza á cidade xusta
No fin de semana, de xeito máis repousado, sobresaen máis algunhas novas chamativas ou de máis calado ou duración. Así, destaca que a inmobibliaria do Banco Santander venda pisos en Barreiros de 19 900 € a 31 500 (de pouco máis de 3 a pouco máis de 5 millóns de pesetas). É certo que parecen…
-
Xornal dixital Porta Norte
Onte asistín a unha pequena xuntanza. Tivera orixe en internet días antes, artellando unha idea cun pequeno desenrolo pero posibilidades de gran potencial: a creación dun xornal dixital en Ribadedo. Asistín máis que participei. Fago a distinción porque o mesmo que había máis xente na lista da que participou ó final, o compromiso dos que…
-
O Guadiana do arte
Despois das varias veces que José Mª Rodríguez leva mantido no candeleiro o tema (por exemplo, aquí, aquí ou aquí), hoxe por fin aparece nos xornais que se está a recuperar algunha das pezas de arte retiradas das igrexas os dous anos pasados, período que coincide co da estancia na zona dunha persoa que ten…
-
Corte na A8
Grazas a Moisés Gómez, remato de recibir agora mesmo unha foto sobre o corte dos mineiros asturianos na A8 en Tapia: Unha protesta máis que se achega a Ribadeo. Os tempos que corren non deixan lugar para non comezar a patalear. E máis, queima de rodas e un camión atravesado: … e finalización despois de…
-
Calma
Mañá de sol, pían os paxaros na calma matutina. Os xornais non traen novas de parques queimados e as cinzas do último xa están retiradas. O rebumbio de alegacións ó PXOM alónxase despois da campaña, esperando a renovación total do documento e a súa pronta aprobación ó mesmo tempo. Novas iniciativas como o café de…
-
Resolución do claustro de profesores do IES Porta da Auga
A conto de que saíu nos xornais onte algún comentario recollendo partes do acrodo adoitado a pasada semana polo calustro do IES Porta da Auga, fíxenme coa resolución enteira, que reproduzo: Resolución Claustro de Profesores/as A Secretaría do ÍES Porta da Auga, concello de Ribadeo, informa que o Claustro de Profesores/as, na reunión celebrada o…
