Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.241 posts
27 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • De agora mesmo: 3 de setembro

    Xa está nomeado o novo director do novo Instituto de Educación Secundaria de Ribadeo, creado no DOG de 16 de xullo de 2012: Alfonso Piñeiro Funcasta, que foi o último director do IES Porta da Auga. O equipo, polo momento, continúa con Ramón Vázquez Lorenzo e Montserrat Villar Riveira, Xefe de Estudos e Secretaria tanto…

  • A honra de Ribadeo

        A honra dun pobo é a dos seus cidadáns.     Onte domingo tivo lugar o recoñecemento (din concesión, pero coido que é mellor a verba que eu uso) de fillos adoptivos e fillo predilecto respectivamente a José Calavera Ruiz, John Rutherford e Víctor Moro Rodríguez.     Moito para resumir nun acto diverso que sumou…

  • Comezaron as festas

    Onte pola noite comezaron as festas. Non sen polémica(s) previa(s), e xa postos, previsiblemente quede algunha cousa para polemizar. O primeiro foi a rexeitamento do alcalde á impartición pegoeira por unha política do PP relacionada cun caso de corrupción, o que orixinou un baile na comisión de festas: alomenos nominalmente, o presidente deixou de selo…

  • ¿Como pode esixirselle ó pobo que respecte unhas institucións que deixaron de respectalo?

    ‘O pobo’ neste caso non é Ribadeo, que tamén … e algo máis do tema aquí ou aquí.

  • Veciños por Ribadeo? Todo é posible …

    Non se trata de comparar, pero, despois de ler isto, a imaxinación bota a voar …

  • Comezando en setembro, un novo centro de educación secundaria en Ribadeo

    A súa ficha https://www.edu.xunta.es/webcentros/CargarDetalleCentro.do?codigo=27020902, que substituirá a dos vellos Porta da Auga (web) e Gamallo Fierros (web). … e con iso recomezo pouco a pouco …

  • Perspectivas

    As perspectivas cambian a percepción do obxecto, e do entorno … Pódese ver ó fondo, Comado, Mondigo e ata perto de Santa Cruz, Ribadeo e a costa próxima, O fondo da ría de Ribadeo, … e as circunstancias das anteriores! (Monte San Fernando, ó sur de Trabada)

  • concerto 20 aniversario da Banda Municipal de Ribadeo

    Celebrado no auditorio de Cabanela, o tempo calmo e temperatura agradable acompañaron, o mesmo que os paxaros, a vista ou o ambiente de vellos músicos, coñecidos e afeizoados, nunha velada que para min ó menos, foi moi agradable e de desfrute de tódolos sentidos (despois, os que pasamos pola banda tivemos churrasco, en colaboración cos…

  • Respirando

    En agosto, a actividade de Ribade o é frenética. E a de fóra, tamén. En sentidos diferentes, pero coincidindo no ritmo. Faise complicado seguir algo cun mínimo de profundidade e visión xeral. É pois unha boa época para tomar un descanso, quizáis non só no blog, senón tamén noutras cousas, e adicar o tempo a…

  • En agosto

    Accións por todos os rincóns, festivas, vacacionais, distractivas … mentras, as verbas mergúllanse na lei ou no comentario. Na lei, para quedar gravadas en pedra ou ocultas, según conveña a quen pode mover a pedra protexida na que están gravadas. No comentario para ser trivializadas. E as accións que se poden encadrar no que xenuinamente…