-
Que hai do meu? (e III)
Anteriores: Que hai do meu? (I) Que hai do meu? (II) A declaración institucional sobre as pintadas no Juanín foi aprobada de xeito unánime. Unha mexada fóra do testo así … Chegouse a rogos e preguntas, e houbo unha morea, dos que recollo só algúns que por algunha razón me…
-
Que hai do meu? (II)
Pois iso: catro na sá. Xa se tratara o tema considerado ‘de alta intensidade’ porque afectaba direitamente ó peto dunhas cantas persoas (que procuraban solucionar ‘o seu’, aínda que fóra a conta do público, é dicir, a conta ‘de todos’), e se pasaba a cousas ‘de todos’ e polo tanto, parece ser que ‘de ninguén’,…
-
Que hai do meu? (I)
Xa aviso que é unha primeira parte. O tema: o pleno de 21 de maio de 2013. O título? Está relacionado co interese do pobo polos temas tratados, pero non adiantemos acontecementos… Por certo, que antes de rematar o pleno xa estaba colgado en facebook / La voz o primeiro comentario del. Chego tarde, a…
-
Pleno en Ribadeo e xestión da nova
Antonte, algún medio daba como nova que onte habería pleno. Resulta que o pleno é hoxe, pero o concelo só publicou ontre na web (non sei a hora) a nova de que era hoxe, co que máis dun despistado (eu entre eles) non o chegou a saber antes do pleno. Antes deste mandato, os plenos…
-
Unha petición recibida, unha petición liberada. Queres saír na tvg?
Copio e pego: Bo día. Gustaríanos que enviásedes á vosa lista de correo de asociad@s a convocatoria da gravación esta semana en Ribadeo do programa + GALEGO, que se emitirá no verán. O aviso é para xuntar público este xoves día 23 de maio de 11.30 h a 14.30 h no Cantón, por suposto no…
-
Batendo marcas no tempo
140 días, contando hoxe. Quedan 215 para completar o ano. En Ribadeo leva chovido xa máis que en todo 2010, 2004 ou 2012. Segue sendo, con diferenza, o ano do século no que máis leva chovido ata un día como hoxe, no que por certo, loce o sol. E seco tería que ser o resto…
-
No entorno da festa
17 de maio, día das letras galegas. 16 de maio, aparecen na rotonda no instituto as pintadas que se ven nas fotos (xa non están) 17 de maio, en Vilalba: “Ola. Entrei porque coido que había un acto aquí, non? -Si, acaba de terminar. – Era unha actuación da banda? – No, actuaba un grupo…
-
7 de xaneiro de 2002, na Voz de Galicia … sobre Hernán
«AQUÍ COMO EN VIENA» LOURENZO FERNÁNDEZ PRIETO Así se denomina, sen complexos, o concerto de Nadal que o primeiro director da Banda Sinfónica de Ribadeo instaurou hai uns anos nesa vila e que ven de celebrarse por primeira vez dende o seu pasamento. Hernán Naval non foi unha rara avis mais si un grande músico…
-
Arteixo, Rianxo, …
Facebook! E, o mesmo que ‘Ribadeo’ se convirte en ‘preto de Castropol, Asturias’, temos Arteijo, Rianjo, … Diante do día das letras galegas, chama a atención da Xunta como culpable de que siga a aparecer a ortografía errónea. Os que andivemos no allo sabemos o que costou que aparecera ría de Ribadeo ou Ove no…
-
De novo, o galego
Achegámonos ó 17 de maio, e raro sería que non apareceran diversas novas sobre o galego, o seu estado, a súa consideración, medidas teóricamente de apoio, etc. Onte en Ribadeo, transcrición o máis fidedigna do que son capaz: “Bueno, en que quereis que hable?”. A maioría destacada da xente que responde, unha porcentaxe nada despreciable…