Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.317 posts
29 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • Paro en Ribadeo (ou noutra vila)

    A semana pasada un amigo púxome nas mans unha interesante ligazón. A partires dela, por exemplo, cheguei a ‘desemprego en calquera cidade’, e probei con Ribadeo. O resultado: O caso é que levando o rato a calquera punto das gráficas da os parados nese momento (trimestral); así, o paro total en Ribadeo resulta, unha vez…

  • UTILIZACION DE HERBICIDA TOTAL SISTEMICO POR PARTE DO MINISTERIO DE FOMENTO, TANTO NAS ESTRADAS NACIONAIS COMO NAS AUTOVIAS

    Artigo de José Ángel Salvatierra Rico Desde hai aproximadamente dous anos, o Ministerio de Fomento, no que compete a provincia de Lugo, está aplicando herbicida total nas cunetas, arcéns e taludes das estradas da súa competencia, e da autovia do Cantábrico dende Ribadeo dirección Baamonde. Non o está a facer polo momento, na autovia A…

  • In Ribadeo, magazin alimentar românesc

    ‘Abre unha tenda rumana de alimentación en Ribadeo a principios de xullo. Esperamosvos!’.  Iso (máis ou menos) é o que di o cartel que vin onte por Ribadeo, co fondo da bandeira de Romanía. As fotos son de preto da estación de autobuses. Polo que parece, e por se alguén non se decatou, a emigración…

  • gaivotas en terra …

    Mariñeiro na taberna. Iso di o refrán. As fotos da temperie destes últimos días amosan algo así como a parte práctica do refrán. As tres primeiras son tres momentos de evaporación, con néboas, despois de chover sobre terra á que lle deu o Sol un anaco, un momento, en diferentes lugares e días, todos no…

  • Porque aquí no va a la cárcel ni dios

    Ó final da proposta B de selectividade en Galicia para lingua castelá é nidio e cortante. O texto, de Manuel de Castro, Crónicas de la emigración, 21/1/2013, adaptado, faría pensar ós alumnos que ‘Spain is different’: amosaba a confesión de Lance Amstrong e contrapoñíaa ó que sucede en España. No deporte, si, pero sobre todo,…

  • Q. É cu?

    O concello remata de recibir a Q de  calidade turística. Mellor dito, as Q, e a bandeira verde, ademáis. Por queixas que se oen de cando en vez, parece que deberan recibir o cu. A realidade, nin tanto, nin tan pouco, pero mentras que se quere facer visible o que interesa a cada quen e…

  • Estafa autorizada? Xa non é nova!

    Xa non sorprenden novas como a que remato de ler en Galicia Confidencial: Nova “quita” do 13% ás preferentes de Novagalicia. Nin tampouco que un deputado cobre por dous sitios diferentes o aluguer dun piso de luxo en Madrid, ou que alguén que apenas sabe ler deba entender o galimatías das preferentes, mentras un político…

  • Pintores lucenses III – Nove artistas representativos

    Un novo traballo de Celia Castro, Pintores lucenses III – Nove artistas representativos, referindo diversos autores, incluído Suso Peña …

  • Bandeed, con empresario ribadense, promovendo un concerto de Zahara en Ribadeo

    A info, en http://www.bandeed.com/concierto/zahara. O concerto, en Ribadeo, cine teatro, o 17/8 ás 19:30. A pantalla de anuncio do concerto de Zahara: O sistema, Crowfounding. E, collendo xa as entradas, prezo antebaixado.

  • Sobre un indicador económico

    Hai uns días, o venres, vin na Voz de Galicia unha táboa que me chamou a atención. Estaba asociada á nova ‘o ritmo de creación de empresas repunta en toda España‘ (táboa non reproducida en internet). Con algo máis de tempo, fun ampliar a información ó INE e completala coa poboación correspondente e cunhas sinxelas…