Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.575 posts
47 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • Un vídeo sobre a polémica xira 2013

    Un vídeo gravado para pulsar opinións da polémica sobre a Xira na Xira. Poderase estar de acordo cuns ou cos outros, pensar que se lle podía adicar máis peso a unhas ou outras opinións, ou facelo doutro xeito e con outra posta en escea, pero coido que a idea de base é boa, e a…

  • Ribadeo, domingo, será republicana

    Isa sería a pretensión dos convocantes ó acto do cartel. Coido que non estasrán sós, e máis aínda cando hai poucos días descubrín nun local de Barreiros a bandeira da ‘República galega‘, saída de onde se explica neste vídeo. Quizáis se note un pouco de descoordinación entre as tres citas (as dúas ligazóns) e a…

  • Pasando o verán …

    A choiva de hoxe lémbrame que, como dixen a finais de xullo, estou nos preliminares dun estudo de comparación sobre as previsións de Aemet e Meteogalicia para Ribadeo, collendo as previsións a tres días. Tardará aínda en rematarse (espero que remate como traballo de clase dos meus alumnos), pero polo momento Meteogalicia é máis exacta…

  • Presentación do DVD ‘A Mariña dende o ceo’-A Mariña Oriental e Riotorto

    Tiña recibido unha invitación de El Progreso e a Deputación de Lugo para a presentación dos DVD A Mariña dende o ceo, para onte, no cine teatro. Puiden ir, e coido que en agradecemento debo ser obxectivo. O acto desenvolveuse no cine-teatro de Ribadeo a partires das oito e media máis preto dun cuarto de…

  • Participación cidadá? Non está de moda!

    Para pensar no verán: http://www.allariz.com/recursos/Regulamento_Participacion_Cidada.pdf … e iso que ten xa perto de 20 anos, aínda que Ribadeo esteña a … anos luz. Abondo máis curto, claro, sinxelo, que o proposto en Ribadeo, e na liña do proposto no seu día pola mesa de asociacións.

  • Nota de prensa de O Tesón: O cartafol ‘ría de Ribadeo’, un éxito

    Na avv O Tesón estanse a recibir mostras de agrado pola publicación do cartafol de cartas da ría de Ribadeo dende o mesmo día da presentación. Os comentarios van dende o recoñecemento da necesidade da publicación dunha documentación histórica así á valoración do coidado na edición, pasando pola xente que, ademáis, ofrece material complementario -de…

  • Xira alternativa

    Onte foi a xira de Santa Cruz 2013. Despois da polémica que a antecedeu, coido que foi abondo normal, dentro do normal que se pode cualificar un día así. A temperie acompañou e Ribadeo estivo petado pola mañá. Como xa é tradicional a xente comezou a desaparecer do pobo cara a mediodía, pero preto da…

  • Unha pequena nota

    Este ano, o parón de agosto (algún ano non houbo parón) do blog coincide co comezo da migración. Como xa me preguntaron pola migración e a relacionaron coa falta de publicación, un pequeno apunte: polo momento, e ‘ata nova orde’, as entradas serán publicadas nos dúas ‘sés’ de ribadeando: http://ribadeando.blogspot.com.es/ e ribadeando.org (as que haxa;…

  • Programa da Xira 2013

  • Comezo de migración de Ribadeando

    A instancias de Antonio Andina e axudado por el comecei a migración do blog en sentido dobre: de plataforma, de blogger a wordpress, e de dominio, do actual ribadeando.blogger.com.es a ribadeando.org. Así pois, pouco a pouco, irei cambiando. Case todo o contido está xa na actualidade en ribadeando.org; a meta é rematar publicando direitamente alí,…