Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.260 posts
28 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • Nota de prensa despois da concentración diante do Centro de Saúde ribadense

    (Anterior sobre o mesmo tema: Sen protesta non hai futuro) A Plataforma anuncia que continuará coas medidas de presión para recuperar as prazas de persoal sanitario eliminadas polo SERGAS en Ribadeo e no resto da comarca. Cualifican de exemplar a resposta cidadá de hoxe en Ribadeo onde arredor de 300 persoas, incluíndo persoal sanitario, esixiron…

  • Do Castro das Grobas ó Castro de Coaña. Actividade da AVV O Tesón

    AVV O Tesón Nota de prensa Do Castro das Grobas ó Castro de Coaña Ribadeo, 20130917 Dentro das actividades da AVV O Tesón, anualmenter vese celebrando unha viaxe social, á que se invita á poboación en xeral. As viaxes teñen un obxectivo doble: o coñecemento de circunstancias do noso entorno coas que se poda establecer…

  • Sobre a versión galega da vía catalana

    Coido que, pola viciñanza, todos lembramos as portadas dos xornais estatais e galegos dando novas da vía catalana. Unha semana despois, manifestación en Santiago, a que non se celebrou o 25 de xullo polo desastre de Angrois. Certo que había múltiples diferenzas, de xeito de convocatoria, de formato, por suposto de lugar, … o que…

  • Que, mercas a ría? Lembrando o nome da ría de Ribadeo

    Non puiden menos que lembrar o nome da ría de Ribadeo hoxe, a conta da xente que di que que importa o nome, que hai que coidala máis, e logo, que se chame como se chame. É certo que hai que coidala máis, pero iso é aparte do nome: pódese facer teña o nome que…

  • Sen protesta non hai futuro: convocada unha concentración pola perda dun médico en Ribadeo

    Poñía hai un par de días a frase como comentario nunha páxina de apoio nunha restrición de persoal. Hoxe úsoa como título, despois de ter xa falado do tema da perda dun médico no servizo público de Ribadeo e tendo unha idea na cabeza: a protesta non asegura o futuro (que depende do tipo de…

  • Botando algunhas contas sobre a perda do poder adquisitivo dos funcionarios galegos

    No xornal de onte viña unha nova sobre a perda do poder adquisitivo dos funcionarios da Xunta. Polo título, parecería que un 4%. Na edición en papel aparecían diversos conceptos que aumentan abondo dita cifra. Collendo só ós máis doados de contabilizar, e descartando outros como o que representa a reducción de días ‘Moscosos’ (concedidos…

  • A ría de Ribadeo da Ponte dos Santos, en marea baixa

    Hai unha semana voltou ser marea viva. Dende as primeiras columnas da ponte podíase obter estas vistas:  A base das columnas abrangue abondo aló do que parece. A altura de base que sobresae da auga, cousa de algo máis de 1,5 m  Bo momento para que a draga rinda. O malo, como puiden observar despois,…

  • A residencia de maiores, pasiño a pasiño

    Comentaba hai tres días a (pen)última postura da Consellería fronte á petición dunha residencia de anciáns para Ribadeo. Hoxe xa está na web do concello a pre-resposta á última polo momento. Adiantaba daquela que era previsible unha resposta roma da Consellería e que fora cal fora, a comisión tería feito un traballo que tería que…

  • Unha curiosidade en Santa Cruz

    Coido que todo o mundo sabe que a Casa da Ría de Ribadeo ten pouco uso. Iso da lugar a algunha situación curiosa, como a que representa o vídeo a continuación: O niño de avésperas está entre fiestra e contra, cunha actividade relativamente alta, na parte da Casa da ría que da cara ó pobo.…

  • A Torre dos Moreno, dende outro punto de vista

    A Torre dos Moreno, edificio emblemático de Ribadeo, ten múltiples faces, moitas delas descoñecidas pola maioría de nós. Esta entrada é só unha pequena aportación máis á súa actualidade, contrastando partes xa tratadas con outras totalmente danadas, aínda en penoso estado.