Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.538 posts
42 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • Desprestixio

    Hai desprestixios inmediatos e hai outros ganados a pulso, durante tempo. Pertencen a categorías diferentes. Os ganados a pulso son a suma de accións que van aumentando o desprestixio, algo así como un desprestixio composto. Algo que se consolida no tempo e sobre o que logo é moi difícil que cambien as ideas, porque se…

  • O anticuado coñécete a ti mesmo

    Os gregos estarían marabillados: coñécete a ti mesmo? Non é necesario facer un esforzo de coñecemento propio! Xa está a NSA e compañía (incluídos Google ou Amazon) facendo iso por nós. Chega dicir: ‘Por favor, NSA, como son?’, ou ‘Google, dime que crees que debo mercar’. E tes unha resposta cuasi determinista do que tes…

  • Unha aduana reducida a edificio: a aduana de Ribadeo

    A aduana ten unha función. En Ribadeo, tiña. Onte mesmo indaguei sobre unha nova aparecida nos xornais hai cousa de vinte días, segundo a que a asociación Atalaia reclamaba un apoio ó mantemento da aduana. O cambio de estatuto, a eliminación da aduana de Ribadeo, ven de hai xa dous meses, no BOE de 11…

  • Filipinas, + 10 000 mortos

    Pouco sei da catástrofe natural que deixou en Filipinas máis de dez mil mortos. só escribo unhas verbas por dúas cousas que, quizáis ante a magnitude do número, os medios non destacaron. A primeira, que co cambio climático ventos desa magnitude serán máis probables, e polo tanto, as posibilidades de catástrofe aumentarán ano tras ano.…

  • Claridade, que entre a luz!

    Pásame un amigo unha nova dun boletín de CXG, pero con orixe nos xulgados. Collo os dous parágrafos que considero de máis peso: “A semana pasada tivo lugar no Hotel Méndez Nuñez de Lugo unha rolda de prensa de Compromiso por Galicia, na que participaron o Secretario Nacional de Política Municipal da organización galeguista, Iván…

  • Do mercado e os extras: caso Ribadeo

    A estas alturas, falar do mercado case presupón falar de transaccións a nivel internacional ou case. Neste caso, non. É do mercado de Ribadeo. Hai xa algúns días saíu nos medios que o concello ía poñer máis duras as condicións para os xubilados que vendían nel. Onte saiu no xornal a última nova sobre o…

  • A anormalidade dun ano máis normal

    Remato de coller os datos de temperaturas e chuvia da Pedro Murias, correspondentes a onte mesmo, e de incorporalos ás gráficas. Resulta que nas chuvias de outono, pequenas variacións en días fan grandes variacións en cantidade caída. O ano actual segue sendo o máis chuvioso do século se contamos só os días pasados. Pero choivas…

  • Referenza a un acto de Amarante sobre o MST en Ribadeo e Santiago

    Info anterior. Corto e pego dende o blog de O Tesón e a web de Amarante: Diversos colectivos galegos e partidos políticos reúnense coa compañeira da Dirección Nacional do Movemento dos Sem Terra AMARANTE Setem coordinou a pasada semana a visita na Galicia da compañeira Kelli Mafort, da Dirección Nacional do MST e coordinadora nacional…

  • Vento, ondas, paz

    Polo momento, parece que o vento calmou. Non estaba calmo antes da fin de semana, cando tomei algunha fotos na punta da Cruz ás ondas, a escume, ó faro da illa Pancha sobrepasado polas ondas. E tamén, pouco despois, en terreos do antigo complexo de Benquerencia, o arco da vella.

  • As normas, para quen as traballa

    Entre chuzos que xa sitúan o ano actual entre os cinco máis chuviosos do século e están a piques de convertilo no cuarto (aínda que a piques de ser alcanzado polo 2006), escribo unha entrada sobre algo ben diferente: normas. As normas, como outra lexislación, son humanas, e como tal admiten unha certa discrecionalidade. Hai…