Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.317 posts
29 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • Filipinas, + 10 000 mortos

    Pouco sei da catástrofe natural que deixou en Filipinas máis de dez mil mortos. só escribo unhas verbas por dúas cousas que, quizáis ante a magnitude do número, os medios non destacaron. A primeira, que co cambio climático ventos desa magnitude serán máis probables, e polo tanto, as posibilidades de catástrofe aumentarán ano tras ano.…

  • Claridade, que entre a luz!

    Pásame un amigo unha nova dun boletín de CXG, pero con orixe nos xulgados. Collo os dous parágrafos que considero de máis peso: “A semana pasada tivo lugar no Hotel Méndez Nuñez de Lugo unha rolda de prensa de Compromiso por Galicia, na que participaron o Secretario Nacional de Política Municipal da organización galeguista, Iván…

  • Do mercado e os extras: caso Ribadeo

    A estas alturas, falar do mercado case presupón falar de transaccións a nivel internacional ou case. Neste caso, non. É do mercado de Ribadeo. Hai xa algúns días saíu nos medios que o concello ía poñer máis duras as condicións para os xubilados que vendían nel. Onte saiu no xornal a última nova sobre o…

  • A anormalidade dun ano máis normal

    Remato de coller os datos de temperaturas e chuvia da Pedro Murias, correspondentes a onte mesmo, e de incorporalos ás gráficas. Resulta que nas chuvias de outono, pequenas variacións en días fan grandes variacións en cantidade caída. O ano actual segue sendo o máis chuvioso do século se contamos só os días pasados. Pero choivas…

  • Referenza a un acto de Amarante sobre o MST en Ribadeo e Santiago

    Info anterior. Corto e pego dende o blog de O Tesón e a web de Amarante: Diversos colectivos galegos e partidos políticos reúnense coa compañeira da Dirección Nacional do Movemento dos Sem Terra AMARANTE Setem coordinou a pasada semana a visita na Galicia da compañeira Kelli Mafort, da Dirección Nacional do MST e coordinadora nacional…

  • Vento, ondas, paz

    Polo momento, parece que o vento calmou. Non estaba calmo antes da fin de semana, cando tomei algunha fotos na punta da Cruz ás ondas, a escume, ó faro da illa Pancha sobrepasado polas ondas. E tamén, pouco despois, en terreos do antigo complexo de Benquerencia, o arco da vella.

  • As normas, para quen as traballa

    Entre chuzos que xa sitúan o ano actual entre os cinco máis chuviosos do século e están a piques de convertilo no cuarto (aínda que a piques de ser alcanzado polo 2006), escribo unha entrada sobre algo ben diferente: normas. As normas, como outra lexislación, son humanas, e como tal admiten unha certa discrecionalidade. Hai…

  • Era Kelli, sen terra

    Onte houbo unha xuntanza no lavadoiro da rúa dos Fornos. O local previsto polo concello de Ribadeo para asociacións foi sitio dunha xuntanza ronda onde xente relacionada con alternativas sociais e económicas se atopou con Kelli, da que só sabíamos que era traída por Amarante para entendemento por parte dos asistentes do movemento MST e…

  • Foi a 4ª e última do Ciclo de charlas “Crise, economía e falsos dogmas”

    –> Ribadeo, 20131101 Onte xoves tivo lugar a cuarta e derradeira das charlas sobre Crise, economía e falsos dogmas organizadas pola AVV O Tesón. Transcorreu na casa do mar de Ribadeo a cargo de Anxo Martínez Pérez, quen despois de facer unha introdución xeral, abordou a temática da crise a partires dos capítulos 6 e…

  • MST

    Hoxe, a última charla sobre a crise da AVV O Tesón, na Casa do Mar. E mañá, Amarante, no lavadoiro dos Fornos, co Movemento dos Sem Terra do Brasil, organiza un encontro cos colectivos sociais de Ribadeo: Desde Amarante, como membro do comité de apoio galego ao Movemento dos Sem Terra de Brasil, estamos organizando…