-
Mandela morreu. Viva Mandela!
Días despois da morte de Mandela, despois de que todo o mundo se apunte á súa unión espiritual, coido que cabe lembrar que Mandela era humán. A súa humanidade implica que outros humanos poideran seguir os seus pasos, algo que negaría se fora sobrehumán, e que sería moi negativo para a propia humanidade: reduciría a…
-
Aparcamento reciclable
Esta mañá, a praia das Catedrais amosaba que segue sendo un lugar de culto (turístico), con tráfico e visitas abondas. Abondas, pero non tantas como para encher o aparcamento preparado, o aparcamento a terra e necesitar do aparcamento de verán. Así, as vacas reciclaban a herba e descansaban tomando o sol desde día non demasiado…
-
O ceo de Ribadeo
Coido que de Ribadeo ó ceo aínda hai un cacho, o que non quita para que Ribadeo presente ceos de marabilla. Seguro que houbo xente que os tomou mellor e cunha cámara ‘de verdade’, pero aquí quedan algúns, para lembralo un día de néboa como hoxe … Amencendo dende o IES de Ribadeo, a finais…
-
Unha ponte á nada
Lembran vostedes a Asociación Puente de los Santos (ou aquí, a última asamblea), coa súa derradeira acción, unha plantación de froitas silvestres comandada polos concellos de Ribadeo e Castropol a cargo de subvencións (cartos públicos, de todos, via Europa), da que xa teño falado no blog? As fotos a continuación foron tomadas onte na plantación…
-
Sobre a asamblea da AVV O Tesón do pasado sábado 21031130. Nota de prensa
–> O pasado sábado 30 de novembro, no local do lavadoiro da r/dos Fornos tivo lugar a asamblea extraordinaria da AVV O Tesón. A asociación veciñal ten por costume, dende a súa fundación no 2004, facer dúas asambleas anuais, unha ordinaria, no primeiro semestre do ano, e outra extraordinaria, para manter mellor informados ós socios,…
-
10 000 toneladas de madeira
Calculo que unhas 10 000 toneladas de madeira están agardando nestes momentos en Mirasol para ser enviadas dende o porto. Isa é a ocupación que revela a foto, tomada onte ó anoitecer e na que se ve que a ampliación de 100 m de fronte feita hai uns anos está repleta de atados. …
-
Residencia de maiores, obxectivo conseguido!
O resume sería o título: Onte ás catro da tarde foi a nova, que xa está hoxe nos medios (por exemplo, aquí e aquí)e onte pola tarde saltou ás redes sociais a partires da publicación da nota de prensa na páxina web do concello. A partires de aí, o comentario. Vai para dous anos que…
-
Un nome para o IES de Ribadeo
Pouco a pouco van trascendendo nomes propostos para o case recén creado IES de Ribadeo. Abriuse o proceso hai un par de semanas, e ata o 30 estará aberta a posibilidade de facer propostas, que votará o Consello Escolar para logo propoñerllo á Xunta, que será quen llo poña efectivamente (e que podería dar a…
-
Nubes, Sol, tempo
Unha foto de onte e dúas de hoxe, todas de primeira hora da mañá, co Sol saíndo polo leste como corresponde, e tinguindo as nubes que o reflicten.
-
Expoñer, expoñendo, expóñense, …
Unha semana. Iso é o que dista o artigo anterior. O tema, non tanto: en parte é o mesmo, as vidrieiras da capela do cemiterio. O caso é que da entrada anterior a ista apareceu a nova nos xornais: as vidrieiras da capela do cemiterio estarían próximas a ser dispostas de novo no seu lugar,…
