Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.575 posts
47 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • Iniciativa para dinamizar… e desfrutar do traballo de venda e comercio de Ribadeo

    Hoxe vai algo de Ribadeo que me chamou onte a atención: quen fai a decoración das bolsas cónstame que o fai por gusto, pero non por iso deixa de ser un modo de aproveitar o tempo creativo non só en sentido artístico, senón de promoción dun negocio. A primeira bolsa ten unha decoración máis convencional,…

  • A nova é que chove?

    Si, chove a cántaros. Estamos no tempo. Un percebeiro furtivo foi ó mar e o mar levouno. As ondas son bonitas e perigosas. Vai frío. Estamos no inverno. É natural. Pero, falar do tempo? Non hai outras cousas? Xa se solucionou a Sanidade e artellou unha mellor educación? Os corruptos foron xulgados e condenados? Deixou…

  • Ouro non

    Non, non é ouro todo o que reloce. Amósase día a día. E cando algo asemella relocer como ouro, imos averigualo. Chámanos a atención. Agachámonos para remover un pouco a terra, para coller o que parece, … é dicir, facemos un pequeno esforzo. Si, é chamativo para nós. Agora, fagamos unha tradución a aunha empresa…

  • Especulando

    Onte houbo pleno. E pregúntome, quen o poderá contar dun xeito obxectivo estando interesado polos temas do pobo? Cánta xente iría? A atracción dos plenos segue coma sempre, desaparecida (feita desaparecer) coas excepcións de intereses particulares ou gremiais (particulares dun pequeno conxunto) De novo, o salón de plenos recibiu un tratamento de temas públicos cunha…

  • cousas de Ribadeo: pleno, anuncio, feira, voto partido … e vidrieiras

    Hoxe xoves, pleno. Entereime onte pola mañá a traverso dun xornal e fun á web do concello en procura de máis información. En vano, pois atopo a nota de prensa dos medios, pero atopo pinceladas, sen unha orde do día. Reproduzo o que alí puñia: ” SERÁ A PARTIRES DAS 20 HORAS O xoves haberá…

  • Facendo propaganda de Ribadeo

    Comeza xa Fitur. Por alí se pasará diferente xente de Ribadeo. Como preparativo, sae hoxe no xornal a concesión da Q de calidade ó Hotel O Cabazo. E días antes, a páxina/iniciativa Ribadeo Birding anunciou a súa candidatura ós premios afiprodel, votables en internet (coma quen di, xa sabedes), algo que foi apoiado por unha…

  • Comunicando, de Hernán Naval

    Ordeando vellos papeis, hai pouco que me atopei coa obra de teatro ‘Comunicando (Traxi-comédia com parabellum. Nun acto)‘, asinada por Hernán Naval e publicada no 1990 na ‘colección de cadernos da escola dramática galega’. Queda en Publicado en Ribadeo. — Nota posterior: O lugar de ‘Publicado en Ribadeo’ deixou de existir por decisións da compañía…

  • Morreron. Así de sinxelo

    Morreron. Así de sinxelo, é a expresión de algo natural, por moito que cause dor, tanto a quen se vai como ós próximos que se quedan. Esta semana tivemos preto un caso diferente: Matounas. Tamén así de sinxelo. Pero non é a expresión de algo que nos pareza natural, por moito que se leven repetido…

  • E a luz fíxose para iluminar estes tempos

    Remato de ler en Crónica 3 o artigo Foz: 105 anos con luz. Hai anos (coido que polo 98, pero non din procurado referenzas) pasei pola exposición ‘E a luz fíxose’ en Santiago, conmemorando os cen anos da instalación de luz electrica na cidade. En Ribadeo non coñezo a historia correspondente, pero ten que andar…

  • Lembrando 2013, nota de prensa de O Tesón

    O cambio de ano, aínda que non signifique nada de por si, da unha oportunidade de botar a vista atrás para lembrar o bó e o malo, ter unha visión de conxunto, e reflexionar para mellorar, facer no que non se puido facer, … Dentro da AVV O Tesón tamén pasamos a vista por ese…