-
10 000 toneladas de madeira
Calculo que unhas 10 000 toneladas de madeira están agardando nestes momentos en Mirasol para ser enviadas dende o porto. Isa é a ocupación que revela a foto, tomada onte ó anoitecer e na que se ve que a ampliación de 100 m de fronte feita hai uns anos está repleta de atados. …
-
Residencia de maiores, obxectivo conseguido!
O resume sería o título: Onte ás catro da tarde foi a nova, que xa está hoxe nos medios (por exemplo, aquí e aquí)e onte pola tarde saltou ás redes sociais a partires da publicación da nota de prensa na páxina web do concello. A partires de aí, o comentario. Vai para dous anos que…
-
Un nome para o IES de Ribadeo
Pouco a pouco van trascendendo nomes propostos para o case recén creado IES de Ribadeo. Abriuse o proceso hai un par de semanas, e ata o 30 estará aberta a posibilidade de facer propostas, que votará o Consello Escolar para logo propoñerllo á Xunta, que será quen llo poña efectivamente (e que podería dar a…
-
Nubes, Sol, tempo
Unha foto de onte e dúas de hoxe, todas de primeira hora da mañá, co Sol saíndo polo leste como corresponde, e tinguindo as nubes que o reflicten.
-
Expoñer, expoñendo, expóñense, …
Unha semana. Iso é o que dista o artigo anterior. O tema, non tanto: en parte é o mesmo, as vidrieiras da capela do cemiterio. O caso é que da entrada anterior a ista apareceu a nova nos xornais: as vidrieiras da capela do cemiterio estarían próximas a ser dispostas de novo no seu lugar,…
-
Algo máis sobre o pleno do 15
Pouco a pouco van chegándome máis informacións sobre o pleno do pasado día 15. Unha, aclaraba que houbo unha cuestión de urxencia para -de novo- ordear que se puxera o nome de Dionisio Gamallo ó novo centro. Cabe lembrar a este respecto, que mentras a corporación non se preocupou demasiado do parto do novo centro…
-
Retorno a antes do pasado venres 15
Só unhas verbas para amosar un retorno ó pasado anterior ó pleno do venres 15: Aínda que sexa testimonial, dicir que se pode agrandar premendo co rato sobre a imaxe, para ler… A sinatura está con 12 de novembro. Ese mesmo día pasei polo concello despois de media mañá e non estaba colgado á hora…
-
Ciclo de cine – Festival Habitarte
Cando vin os carteis o primeiro que pensei: mágoa, non vou poder asistir! V FESTIVAL HABITARTE de CINE SOStible “CREANDO RESISTENCIAS” Teatro de Ribadeo – 22 e 23 de Novembro do 2013 Organizan LA CASA AZUL – O FORMIGUEIRO – AMARANTE Colabora CONCELLO DE RIBADEO La Casa Azul, O Formigueiro e Amarante son organizacións sen…
-
Pleno ordinario de venres 15 …
Remato de ver polo corpo dunha nova de propaganda (blog do concello) que o venres debeu haber pleno [nota: de propaganda, pois foi usada para dar bombo a que se vai cobrar máis ós bancos, cando si, se vai cobrar máis, pero evidentemente, a cantidade non vai solucionar problemas de tesourería do concello]. Nun xornal…
-
Sobre o movemento sen terra no Brasil
Hai un par de semanas, deixei constancia no blog dun encontro mantido en Ribadeo cunha representante do Movemento de traballadores sen terra do Brasil. Agora remato de recibir un pequeno informe de Amarante-Setem sobre a visita de Kelli, que así se chamaba, a Galiza. Informe que paso tal como o recibo: INFORME SOBRE A VISITA…