Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.260 posts
28 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • O tempo, a temperie

    Estas festas están tendo un protagonista: o tempo. Non o é o Ribadeo FC, co seu centenario, máis que para algúns, mesmo incluíndo o himno (o oficial e o alternativo). Nin a homenaxe que representa outra tandada de adicacións no rueiro, chamativo ou festa para outros. Nin as mesmas celebracións de Nadal, repetidas ano tras…

  • Adicacións

        Que non sexa porque non se lle adique o seu nome!     Algo así deberon pensar dende que a humanidade ten lembranza quenes lle puxeron nomes ás cousas. Quenes lle puxeron nome de persoa pero tamén quenes lle puxeron nome de lugar, do que tiña antes o lugar.     Faláronme xa varias veces dun…

  • O discurso do rei

    Aínda hai non moito tempo que vin a película ‘El discurso del rey’. Trataba, trama mediante, da importancia concedida ás formas nun discurso, ninguneando o contido. No caso da película, as formas eran as que fan posible o discurso, a fluidez verbal. Veume á memoria o tema polo discurso de Juan Carlos o outro día,…

  • Chegados a esta noite

    Non ten por que ser doado pasar un día, chegar á noite próxima como referenza. Onte, senir máis lonxe, declarouse un incendio en Ove. Co vento reinante, non foi doado apagalo, pero houbo sorte: aínda non estaba moi extendido e puido facerse rápido. Onte, asemade, unha árbore fixo descarrilar un tren na Mariña… Poir iso,…

  • Nota de prensa: VISITA AOS PETROGLIFOS DAS ANZAS E CONFERENCIA DE ANTONIO REIGOSA

    As asociacións Francisco Lanza, Alesancia e Mariña Patrimonio promoveron na tarde do pasado sábado 21 unha visita ao lugar das Anzas, onde se atopa un peculiar xacemento arqueolóxico coñecido dende hai moito tempo como “as pisadas do encanto”, hai pouco inscritas no rexistro administrativo da D. X. de Patrimonio como petróglifos podomorfos. A visita foi…

  • Falando da pirámide

    Hai unha semana saía na parte salmón do El País o gráfico que aparece ó final, a pirámide de poboación en España na actualidade e a esperada para dentro de dez anos. A nova na que estaba encadrada tentaba dicir que a española é unha poboación con tendencia ó envellecemento, e o que significa de…

  • Renda básica universal

    Pásanme o aviso de que hoxe, xoves 20131219, ás 20:00, no salón de actos da Casa do Mar, haberá un acto informativo sobre a renda básica universal. Nun comezo estaba previsto que participaran Roberto Porras, do ‘colectivo Alambique-Baladre‘, e Eva Solla, de AGE, pero esta última, por mor dun accidente, non estará. Quédanme varias ideas…

  • Calidade: o chan de Ribadeo

    A calidade do chan de Ribadeo non debera ser posta en dúbida. En xeral, a terra do rural ribadense é de calidade, aínda que claro, haxa lugares onde non o sexa. Pero o título refírese ó chan do pobo, o empedrado, asfaltado, enlousado, ó campo dos parques, … e é que, se xa se ten…

  • Cantidade: un cambio de Ribadeo co mundo

    Onte foi aberto o último tramo de autovía que quedaba sen abrir entre Ribadeo e o centro de Asturias. Segundo que nos fiemos dunha fonte ou outra, o recorrido anterior a onte, 137 ou 138 km a Oviedo, cun tempo estimado de 1h 27 minutos segundo Google Maps, 1h 45 minutos segundo vía Michelin, por…

  • Ilusión

    Achéganse días de ilusión. Para os maiores, a lotería do día 22, co escepticismo de quen sabe que polo momento, para poder ter opción a un premio, xa tivo que desembolsar cartos, e, por termo medio, tócalle perder. Para os pequenos, a ilusión da maxia dos agasallos dun poder imaxinario, de magos, o poder real.…