-
Hoxe no xornal aparece unha nova normal: subrealismo real
Hoxe no xornal aparece unha nova normal: o concello descarta adquirir unha grúa para retirar coches dos vados. O razoamento do alcalde, impecable: non se pode ter un funcionario adicado a retirar coches nun concello como o de Ribadeo. A nova especifica ademáis que xa hai abondos anos que o taller que se encargaba de…
-
Volta ‘o tempo’, pasado o Sol por riba do ecuador
Si, está prevista hoxe de novo unha alerta. A temperie de Ribadeo incluirá hoxe nivel amarelo, vento forte, chuvia, e uns 7 ºC. É dicir, primavera astronómica con inverno meteorolóxico parello a iso que levamos catro meses coñecendo. Mais o Sol xa se ve por riba do ecuador. Medímolo o pasado día 20 (equinoccio de…
-
Adolfo Suárez, 22 M
Si, xa sei, Suárez morreu o 23, non o 22M. E son cousas diferentes en momentos diferentes. Mais, como di Mario Penelo, este fin de semana podería ser, por varios motivos, considerado o fin do proceso chamado Transición. Poderémolo ver nos libros de historia dentro de dez anos. Voltarei sobre o 22M, pero de pronto,…
-
Rebatindo alegacións hoxe
Hoxe hai un pleno convocado con carácter de urxencia. Esta volta o alcalde xa deu unha ampla explicación sobre o que se vai tratar. En resume, os contratistas queren rebaixar as condicións que se lles esixen, algo que non se fará, sendo previsible o voto unánime. Tan só se modificará un aspecto da fianza, feita…
-
Vidrieiras pouco transparentes
As vidrieiras soen usarse para deixar un espazo diáfano decorado. Para elo, necesitan transparencia ó tempo que cor. En Ribadeo vai xa para catro anos que se detectou pola AVV O Tesón o caso dunhas vidrieiras, as da capela do cemiterio, que sendo patrimonio ribadense a cargo do concello (que non propiedade del) se tiraron…
-
O IES de Ribadeo xa ten nome novo
Con tardanza me entero de que o IES de Ribadeo, creado a comezos do curso pasado, xa ten oficialmente o novo nome: Instituto de Educación Secundaria de Ribadeo Dionisio Gamallo. Adxunto deixo a copia da resolución e a ligazón ao DOG do 7 de febreiro de 2014 onde sae publicada (e en Publicado en Ribadeo):…
-
Dignidade e difusión
Non é a primeira volta que sinalo que temos demasiada información. Que, de feito, nós mesmos a restrinximos para poder nadar sobre ela. Pero unha cousa é que a restrinxamos nós, cos nosos criterios, e outra cousa é a censura externa da información que nos pode chegar (por suposto, a máis das informacións dirixidas, interesadas…
-
Ribadeo e o libro
Vexo hoxe a nova de que Ribadeo vai recuperar a feira do libro. Vinte anos teñen pasado dende que a organizara a A. C. Paco Lanza. No medio, un intento do concello, sen chegar a bo porto pola crise, segundo explicaron. Agora, ven de mans federais: da federación de libreiros galegos. Diría que algo…
-
Para a obra da residencia de maiores
Luns, no BOP, apareceu o anuncio de aprobación de proxecto e licitación de obra da residencia de maiores de Ribadeo. O texto correspondente déixoo embaixo, non se antes reseñar algunha nimiedade cun sorriso, como o acento no apelido segundo do alcalde no primeiro anuncio ou que teña que aparecer o correo electrónico dun funcionario en…
-
dende Ribadeo, máis aló do Facebook
Segundo Facebook, Ribadeo xa está en Galicia (aínda que, se te pos a trastabillear, habería que matizalo). Érache boa! Como se porque o dixera o Facebook, Ribadeo deixara de estalo. Mais esa situación campou anos, cos perxuízos correspondentes, con difícil solución. Tan difícil solución que O Tesón non conseguiu o cambio, e o alcalde, por…