Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.317 posts
29 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • Hoxe, segunda charla de Ribadeo a Debate

  • Unha curiosidade sobre a asociación Puente de los Santos

    A conto dunha nova sobre a Asociación Puente de los Santos e a súa iniciativa ‘Un puente a tu salud 2.0’ (Sólo una empresa quiere las fincas de arándanos de Ribadeo y Castropol), en relación coa que teño falado moitas veces (por exemplo, últimamente, aquí), descubro a web da asociación con 360 visitas esta mesma…

  • Día luminoso

    Hoxe amanece en Ribadeo con Sol e ceo despexado, azul clariño e promesas de bo día. A previsión, Sol, vento e entre 9 e 16ºC. Hai novas, pero hai días que o transcurso propio do día, o deixarse levar, pode cambiar o sorriso pola mañá.

  • Ó teu alcance, colaborar para mellorar Ribadeo

    Colle e clica en https://onedrive.live.com/?cid=e5f64a4d6dc9018d&id=E5F64A4D6DC9018D!125&ithint=folder,&authkey=!AB4u_nCsi1ZsqYI, e mira: Un proxecto de Ribadeo ó teu alcance. Público, para que o mires e remires. Para que des a túa opinión. Para que o compartas. Para facer un Ribadeo mellor. O nome, de comedia, Preprich, debera animar a divertirte vendo liñas de posible futuro para o teu pobo. Hai…

  • Para un resume da finde ribadense

    De novo, Ribadeo era unha festa. Irresumible en conxunto, só unhas pinceladas para deixar constancia dalgúns detalles lúdicos, comerciais ou mesmo relixiosos: * de novo o pobo encheuse e fixo bo tempo para pasear e paseouse * mercado de rúa o sábado, con rúas variopintas e xente curioseando * contra a violencia machista, xornadas feministas.…

  • Menos mal que a marea sube e baixa. Miguel Gutiérrez Sampedro

    Publicado a comezos de maio de 2014…

  • Unha terraza do pobo de Ribadeo? (II)

    Onte publiquei a primeira parte, con foto. Hoxe é a segunda parte: o foxo que estaba tan ben dispostiño onte xa foi enchido primeiro cunhas vigas metálicas, e logo, recheo de formigón. Xa non poño foto: está a nivel coa herba e é de supoñer que non pase outra semana sen que esteña rematado. E…

  • Unha terraza do pobo de Ribadeo?

    Paseando do centro de Ribadeo cara ó oeste, deixamos atrás San Roque, e, na Virxe do Camiño, o verde comeza a expandirse no Xardín. O Xardín de Sela, teño escoitado dicir, en referenza á casona que alí hai. Nunca o entendín no sentido de propiedade do terreo na actualidade: ó fin, aí se fixo o…

  • As mamografías, tema de exemplo

    Dende hai tempo en Ribadeo hai unha oferta cultural ampla, con diversas tendencias. Ven a conto de que diversas asociacións e grupos súmanse á tamén ampla oferta do concello para tentar dinamizar a participación, formación e discusión de temas, de candentes a interesantes. A última, unha charla sobre mamografías para este venres. Deixo a nota…

  • Xestión silvestre

    Arándanos e outros froitos silvestres era o que se esperaba que produxeran dúas fincas (unha en Castropol-Arnao e outra en Ribadeo-A Devesa) regadas con cartos europeos a traverso da Asoc. Puente de los Santos. Coido que xa dixen abondo noutros lugares, reconstruíndo unha pequena historia da que deixo ligazóns embaixo. Agora sae na prensa, que…