Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.575 posts
47 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • A nova residencia de anciáns de Ribadeo, hoxe

    Esta mañá a residencia (as obras da nova residencia de Ribadeo) amenceu así: Vista dende o sur. Ao fondo, a r/Paco Lanza Vista dende o oeste. Ao fondo, o IES de Ribadeo Dionisio Gamallo Detalle do extremo suroeste Anteriores: 20140714 Para unha historia da residencia de Ribadeo 20140702 Preparándose os terreos para a residencia de…

  • Centro para mulleres maltratadas

    Hai dez días, na xuntanza da Mesa de Asociacións do Concello de Ribadeo xurdiu unha idea que despois -mea culpa- vexo que non foi recollida no resume de traballo para a xuntanza co alcalde. Coméntoa aquí, comezando dicindo que todo  o mundo sabe que o edificio máis ó sur oeste queda en pé. Pois ben,a…

  • Límites

    Hai pouco tempo atopei unha pequena comitiva de xente do concello que estaba a discutir sobre unha extensión na rúa dun local. Ó día seguinte atopábanse as terrazas da zona centro limitadas por esquinas pintadas no chan. Dende que veu algo de bo tempo lévanse escoitando queixas sobre o espazo libre para circular polas rúas.…

  • Imaxes do verquido no CAVI

    Hai varios anos que foi denunciado por verquidos. Este ano, hai pouco, saltou de novo ás novas: no Centro de Alimentación de Gando Vacuno Irmandiños hai efluvios que van parar ó río grande (aínda Rego de Porto Bragán ó seu pé), antes do embalse de Lexoso que subministra a Ribadeo. O movemento implicou a diversas…

  • Resume da xuntanza alcalde-representantes da mesa de asociacións 20140801

    Nota de prensa Xuntanza de representantes da Mesa de Asociacións coa alcaldía Ribadeo, 20140801 A última hora do venres 1º de agosto tivo lugar no despacho da alcaldía de Ribadeo a xuntanza de representantes da Mesa de Asociacións co alcalde, acompañado do concelleiro de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro. A xuntanza, que durou preto de dúas…

  • Vaites, se hai pleno!

    Collo e miro na páxina do concello. Atopo 29/07/14-Festa do percebe de Rinlo; 28/07/14-Media maratón en Ribadeo, 28/07/14-Adeus ás actividades de verán para @s nen@s; 25/07/14-Aceite usado; 23/07/14-Visitas teatralizadas, e máis cousas anteriores. Nos xornais tampouco atopo nada a primeira vista. E, nembargantes, agora debe estar habendo un pleno (se non rematou xa), cunha orde…

  • Facendo patria with a smile

    Ás veces dame que somos tan ‘galegocentristas’ que non nos decatamos. Dígoo poucos días despois do da patria galega, e referíndome non só a xente dunha orientación política, senón tamén á xente que a combate. Onte mesmo, nos comentarios dunha partida de internet en liña cun xaponés (encontro de equipos entre Galicia e Xapón), tivemos…

  • “O de sempre”

    Despois do accidente na A8 á altura de Mondoñedo, chegan as reflexións, que voltan a non deixar ben parados nin a técnicos nin a políticos. Nin tampouco ó protocolo de xestión e mantemento: segundo parece, media hora antes do accidente unha parella andaluza chamaba ó 112 para avisar e recomendar o peche do tramo. Din…

  • O galego morreu. Descanse en paz?

    Resoa a chuvia alén das fiestras, apagados polo momento esta mañá de sábado os ecos do festival de jazz ou do Carme, ou doutras actividades que se prodigan máis ben cara á tardiña neste Ribadeo de verán. Momento propio para pequenas reflexións que poden enquistarse. E lembro unha verbas ditas por Raquel Arias con satisfacción,…

  • Feira do libro en Ribadeo. 1ª edición 2ª época

    A feira do libro foi inaugurada onte. Diante dun mural feito hai corenta anos e disposto para reivindicar a primeira época das feiras do libro de Ribadeo, daquela ‘Feira do libro galego’, foi inaugurada asistindo o Presidente da Federación de librerías de Galicia, a Concelleira de Cultura, Mari Luz Álvarez Lastra, o Vicepresidente da Deputación…