-
Límites
Hai pouco tempo atopei unha pequena comitiva de xente do concello que estaba a discutir sobre unha extensión na rúa dun local. Ó día seguinte atopábanse as terrazas da zona centro limitadas por esquinas pintadas no chan. Dende que veu algo de bo tempo lévanse escoitando queixas sobre o espazo libre para circular polas rúas.…
-
Imaxes do verquido no CAVI
Hai varios anos que foi denunciado por verquidos. Este ano, hai pouco, saltou de novo ás novas: no Centro de Alimentación de Gando Vacuno Irmandiños hai efluvios que van parar ó río grande (aínda Rego de Porto Bragán ó seu pé), antes do embalse de Lexoso que subministra a Ribadeo. O movemento implicou a diversas…
-
Resume da xuntanza alcalde-representantes da mesa de asociacións 20140801
Nota de prensa Xuntanza de representantes da Mesa de Asociacións coa alcaldía Ribadeo, 20140801 A última hora do venres 1º de agosto tivo lugar no despacho da alcaldía de Ribadeo a xuntanza de representantes da Mesa de Asociacións co alcalde, acompañado do concelleiro de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro. A xuntanza, que durou preto de dúas…
-
Vaites, se hai pleno!
Collo e miro na páxina do concello. Atopo 29/07/14-Festa do percebe de Rinlo; 28/07/14-Media maratón en Ribadeo, 28/07/14-Adeus ás actividades de verán para @s nen@s; 25/07/14-Aceite usado; 23/07/14-Visitas teatralizadas, e máis cousas anteriores. Nos xornais tampouco atopo nada a primeira vista. E, nembargantes, agora debe estar habendo un pleno (se non rematou xa), cunha orde…
-
Facendo patria with a smile
Ás veces dame que somos tan ‘galegocentristas’ que non nos decatamos. Dígoo poucos días despois do da patria galega, e referíndome non só a xente dunha orientación política, senón tamén á xente que a combate. Onte mesmo, nos comentarios dunha partida de internet en liña cun xaponés (encontro de equipos entre Galicia e Xapón), tivemos…
-
“O de sempre”
Despois do accidente na A8 á altura de Mondoñedo, chegan as reflexións, que voltan a non deixar ben parados nin a técnicos nin a políticos. Nin tampouco ó protocolo de xestión e mantemento: segundo parece, media hora antes do accidente unha parella andaluza chamaba ó 112 para avisar e recomendar o peche do tramo. Din…
-
O galego morreu. Descanse en paz?
Resoa a chuvia alén das fiestras, apagados polo momento esta mañá de sábado os ecos do festival de jazz ou do Carme, ou doutras actividades que se prodigan máis ben cara á tardiña neste Ribadeo de verán. Momento propio para pequenas reflexións que poden enquistarse. E lembro unha verbas ditas por Raquel Arias con satisfacción,…
-
Feira do libro en Ribadeo. 1ª edición 2ª época
A feira do libro foi inaugurada onte. Diante dun mural feito hai corenta anos e disposto para reivindicar a primeira época das feiras do libro de Ribadeo, daquela ‘Feira do libro galego’, foi inaugurada asistindo o Presidente da Federación de librerías de Galicia, a Concelleira de Cultura, Mari Luz Álvarez Lastra, o Vicepresidente da Deputación…
-
Feira do libro de Ribadeo + Caderno de Viaxe A Mariña de Lugo
Aproveito para introducir a Feira do libro de Ribadeo, despois de 20 anos… FEIRA DO LIBRO DE RIBADEO No parque San Francisco os días 17, 18, 19 e 20 co seguinte horario: de 12 a 14.00 h e de 18.00 a 22.00 h. Inaugúrase o xoves ás 20.30 h. FEIRA DO LIBRO DE RIBADEO DO…
-
Nota de prensa de O Tesón. De Ribadeo
(http://o-teson.blogspot.com.es/2014/07/de-ribadeo.html) De Ribadeo Festa dos indianos. Éxito total, como se esperaba. Comezo oficioso da época forte do verán ribadense, onde o tempo cambia de sentido. Quizais pois iso, porque o tempo cambia de sentido, é polo que ‘o concello’ aínda non nos contestou algunha pregunta que lle temos enviado hai… pois dende o 4 de…