-
1/2 km vertical Monte Comado 2014
Deixo algunha cousiña como lembranza: A clasificación. Un dorsal: O cartel:
-
Ribadeo 0 – Malabo King(s) 1
Gran nova: Ribadeo acolle durante días ós Malabo kings, equipo de baloncesto que vin nalgueres publicitado por estas terras como campión de África. Logo, como campión de África Central. Como xa me choca, vou á páxina da FIBA Africa, e atopo que a cousa vai por zonas, e que si, que os Kings foron campións…
-
Un mes de residencia en construción
As obras da residencia de anciáns de Ribadeo avanzan. As fotos amósano. Dende a entrada anterior adicada ó avance das obras da residencia, que deixo para comparación, velaeiquí fotos dos días 6, 9, 10, 20, 27 e 29 deste mes de outubro: Dende o IES de Ribadeo Dionisio Gamallo, coa vista da r/Paco Lanza, as…
-
Falando do tempo excepcional: o cambio climático segue a ser iso, cambio climático
Estamos tendo un tempo que diriamos excepcional. Indo ós rexistros, confírmase que é moi bo para a época, pero tampouco tan excepcional. Estes días pasados rematou nos xornais a nova de que este ano está sendo o de temperatura media máis elevada que se ten rexistrado. E a iso ía: tamén en Ribadeo. Collendo os…
-
Araña
Ante unha nova semana na que seguramente seguirán morrendo animais mariños e aves co estómago cheo de plástico ou outro lixo producido por nós, unha pequena lembranza dende Ribadeo de que a vida está aquí, rodeándonos moitas veces sen que sexamos capaces de percibila. Unha sinxela raña no seto fronte o IES de Ribadeo Dionisio…
-
Situando a Ribadeo no mapa: meridiano e paralelo
A conta do estudo dos meridianos e paralelos, procurei unha imaxe do meridiano que pasa pola Coruña, marcado na praza de María Pita. E a cousa derivou… por que non dicirlle ó alcalde que trace o meridiano de Ribadeo, á imaxe do que hai marcados no chan noutros lugares, comezando por Greenwich? Atracción turística complementaria,…
-
Sen novidade na política ribadense (e V). Sen novidade?
Despois de comentar algunhas cousas sobre UPRi, PP e PSOE, nunha primeira parte, e logo sobre o BNG, na segunda, coido que hai que engadir unha última parte sobre o que xa se chama Ribadeo en común. Unha nota antes de nada: coido que debo advertir que polo momento me atopo entre a xente que…
-
Sen novidade na política ribadense (IV)
A política no concello de Ribadeo nestes momentos está controlada polo BNG. Coido que coa frase anterior está trazada a realidade, que abrangue non só unha maioría absoluta, senón tamén un desfrute e manexo de actividades e tempos. Cando xa vai para catro anos resultou das votacións unha maioría absoluta, coido que foi un superar…
-
Apelando sobre as Catedrais
Dende hai uns días, o concello ten colgada a súa apelación ó Plan de Conservación do Monumento Natural da Praia das Catedrais – Augasantas (Ribadeo), e tamén que quería facer un pequeno comentario. Pequeno, porque para quen teña lido o Plan, debera ser todo o máis unha liña introdutoria, e quen non o teña lido,…
-
Ler o xornal, exercicio mental
Moitasveces, encarados ó xornal, sortear os titulares, meterse no meollo da nova, filtrar convencións e intereses… representa un bo exercicio de criterio, aínda que tamén poda resultar extenuante. Collo titulares en só unha páxina (a segunda) dun xornal de hoxe: ‘Podemos é incapaz de acadar o consenso na súa primeira asemblea’ achaca unha incapacidade sobre…