Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.575 posts
47 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • Aproximación á imaxe do novo rueiro ribadense

        Cerámicas de Sargadelos compiten con placas de metal pintado. Mármore decorativo con letreiros oxidados. Restos de promoción con placas do paquete. Cada unha, no seu entorno: ás veces, límpido, outras, decorado ou atravesado con cables. Algunha, fotografada sen rematar de poñer, mellorarán. Outras (Ing. Schultz) parece que van ser substituídas de xeito pouco comprensible.…

  • De paseo por Ribadeo

    Estes días Ribadeo estase amosando diferente. Un paseo fóra das zonas onde se concentra a xente ven sempre ben, pero máis aínda en xornadas como a de onte. Onte, nunha saída en coche, atopei tres rúas cortadas para voltar á casa, as que me fixeron alongar a volta.Obras diversas que en principio deberan animar, porque…

  • Que a auga volve saber a raios? A culpa é dos raios por saber así!

    Xa estamos afeitos, aquí non pasa nada. Os parámetros son normais. O sabor que sentimos, anormal. O cheiro, anormal. A pel lisa, anormal. Ó final, está claro, os anormais somos nós, que nos afecta. Que hai un verquido que foi denunciado hai tempo, e volto a denunciar, e volto a denunciar, como din dos peixes…

  • Documentais comprometidos IV: A mina de Corcoesto

    Este xoves ás 20:00 terá lugar no Salón de actos da Casa do Mar de Ribadeo a proxección de 2 pequenos documentais (en total, 3/4 de hora escasa) sobre a mina de Corcoesto. Unha mina de ouro controvertida na nosa Terra, que se poñerá co fondo da mina que se pretende en Tapia.

  • Mes e medio de historia de Ribadeo (parte): a residencia en construción

    Pois iso: 20141106:  20141111:  20141112:  20141201:  20141204:  20141205:  20141209:  O mesmo día, 20141209, outra perspectiva:  20141211: A historia, cara atrás: http://ribadeando.blogspot.com.es/2014/10/un-mes-de-residencia-en-construcion.html http://ribadeando.blogspot.com.es/2014/10/levantando-historia-da-residencia-de.html http://ribadeando.blogspot.com.es/2014/09/mais-alo-da-festa-varia.html http://ribadeando.blogspot.com.es/2014/07/para-unha-historia-da-construcion-da.html http://ribadeando.blogspot.com.es/2014/07/a-residencia-preparandose-para-facer.html http://ribadeando.blogspot.com.es/2014/06/deixando-constancia.html http://ribadeando.blogspot.com.es/2014/06/foi-o-acto-de-comezo-de-obras-para.html … aínda que a verdadeira historia comeza moito antes, coa idea e a loita para conseguila. Sen ela, a historia posterior non tería tanto interese e eu non…

  • Branco sobre negro

    Hoxe escribo branco sobre negro. Hoxe o blog está de luto pola liberdade: onte foi votada a lei mordaza. O vello dito ‘só lles queda o pataleo’ xa non é certo, pois iso, ‘o pataleo’, está prohibido xa en España. A cousa únese a outras moitas anteriores, como a ‘taxa Google’, redactada non exactamente contra…

  • Un ‘bo home’ para o conflito de Conforto e algún comentario

    Unha vez máis, corto e pego dende o blog de José María Rodríguez Díaz un artigo. Desta vai sobre actuación da igrexa (que non de relixión), e pódese acceder dende a ligazón do título embaixo. Hoxe mesmo aparece no xornal unha continuación deste culebrón socioeclesial próximo a Ribadeo. Coido que para quen non esteña ó…

  • Comezan os premios ó consumo. Ribadeo capitanea A Mariña.

    Unha, a principal, das características do Nadal actual é a comercial. Por iso os premios ó consumo (por exemplo, sorteos ligados co consumo, con papeletas repartidas en función da compra feita) compiten cos premios para o consumo (lotería tradicional que será empregada en incremento do consumo). Como é moi empregado nesta época na que nos…

  • Tempo de descanso

    O Nadal é o 25, din, co preludio da noiteboa. É dicir, as luces que van por Ribadeo (e moitos outros lugares) chegan con cousa dun mes de antelación, e vanse outro medio mes despois. Así sáltase a ‘celebración’ dun día (relixioso) a 1/8 de ano que pasa a ser ‘comercial’, pero tamén en boa…

  • Ribadeo e o paro

    Esta semana que vai rematar foi a que se deu a coñecer o informe da Consellería sobre o paro en Galicia. Como resultado, os xornais fixéronse eco da nota da consellería e dixeron algunha cousa sobre o paro na zona, en xeral centrados no cambio de mes en cada concello, pois iso é o que…