Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.317 posts
29 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • Chequeando Ribadeo

    O de chequear soa a médicos, e pode ir diso, máis pode tomarse nun senso amplo, para ver como vai algo. Pensando en que ás veces é conveniente recoñecernos antes de propor estratexias e aplicalas para avanzar. Digo ás veces non porque non sexa conveniente sempre, senón porque moitas non se fai e preténdese que…

  • Tres anos, tres chuvias

    Agora mesmo, 7 e media da mañá do 25 de novembro, está a chover a cántaros en Ribadeo. Onte choveu, antonte choveu moito… Episodios de choiva dánse con certa frecuencia en calquera parte de Galicia. Mais a memoria é curta, e a percepción deste tipo de fenómenos leva a engano. Collín os tres episodios de…

  • Concerto Santa Cilla 2014 da BMMR

    Concerto de Santa Cilla 2014, da Banda de Música Municipal de Ribadeo baixo a dirección de David Ballester Martínez, o 22 de novembro de 2014 no Cine-Teatro 1.Verbas de Farruco Graña ó comezar. 2.Luis Armstrong revival selection (Arranxos: Willy Hautvast) 3.Air poetique (Ted Huggens. Trompa solista: José Luis Pulpeiro Grueso) 4.Mar i Bel (Ferrer Ferran)…

  • Acepto apostas

    Falando do tempo, acepto apostas. Hoxe leva caída moita auga, pero que en menos de 24 horas (son agora as 12 da mañá, hora legal) leven caido máis de 60 L/m2 é moito para un día, pero non aporta moito a un ano que polo momento, en canto a choiva, é medio. Fariña doutro costal…

  • Ciclo de documentais da AVV O Tesón coa temática de Concienciación social/2

    Nota de prensa 20141122 Ciclo de documentais da AVV O Tesón coa temática de Concienciación social/2 O pasado venres tivo lugar a primeira proxección do ciclo de documentais, ‘Dinero es deuda’, na Casa do mar de Ribadeo. Desenvolveuse despois un intenso coloquio entre os asistentes sobre a concepción dos cartos e o impacto das finanzas…

  • O que nos vai sacar da crise

    Días atrás, o xefe-dono de Abanca, Escotet, dicía que xa estabamos a saír da crise, e que o sistema financieiro estaba sendo o motor desa saída. Coido que a idea non é precisamente esa (hoxe hai na antiga ‘cociña’ da Casa do mar un acto arredor dun documental sobre a creación dos cartos) nin sobre…

  • O convento de Santa Clara en Ribadeo

    O convento de Santa Clara ten abondo que ver. E agora pode verse a distancia, a traverso dunha aplicación de turgalicia: http://www.turgalicia.es/fotos/IMAGENES/FLASH/ARQUITECTURARELIGIOSANP/vr_14_santaclara/index.html . Son só tres estancias as así visitables, en visita encadrada na promoción dos mosteiros galegos. Xa postos, despois de recibir a ligazón para a visita virtual de Santa Clara, pasei algo máis…

  • Entrevista a Manuel Valín Valdés

    Vin a entrevista, pareceume interesante ó vela este fin de semana na Comarca e pedinlla para reproducir aquí (grazas!): ENTREVISTA A MANUEL VALIN VALDES (Reprodúcese aquí integramente a entrevista que o diario EL PROGRESO, na súa edición de A Mariña, me fixo e da que xurdiu a publicada o domingo 9 de novembro de 2014)…

  • Hoxe, pleno (coñecendo a orde do día)

    É de agradecer que por fin se amose na web do concello a convocatoria e orde do día do pleno de hoxe. Non podo asegurar que fora con moita antelación, pois foi onte cando me decatei e non sei se levaba moito tempo. O caso é que aquí está a convocatoria do pleno de hoxe,…

  • Unha ollada non só ó Vilar

    15 de novembro de 2014. Tarde de choiva. Oito e media. No cine teatro represéntase a segunda sesión do certame de teatro Daniel Cortezón. Cousa de media centea de persoas atenden ó desenvolvemento dunha versión de O barco sen Mariñeiro, de Alejandro Casona. A min gústame. A mesma tarde, máis ou menos no mesmo momento,…