Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.457 posts
38 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • time-lapse cabalgata reis 2015 Ribadeo

  • Facendo un resume das visitas ó blog

    Levo observando esta última tempada un aumento das visitas ó blog (algunhas, como deixei apuntado nunha entrada, de bots, non contan), e deixo aquí os datos dun dos contadores, sinalando unha marca mensual dende o nacemento do blog. Xa veremos o que sucede neste novo ano: 51 visitas a mediodía nun día que está a…

  • Hoxe, bo día

    Primeiro día do ano, mañá clara, algo fría, pero espléndida. Por hoxe, só un resume de temperaturas da temperie ribadense do xa pasado ano 2014: Como xa tiña anunciado, en Ribadeo o 2014 foi o máis cálido do século e o máis cálido do que se teñen medidas, a pesares de que o penúltimo día…

  • 3 vídeos da San Silvestre 2014 en Ribadeo, a clasificación…

    A clasificación da San Silvestre Ribadeo 2014 (adultos). Páxina da competición. Un evento con máis de 600 inscritos entre todas as categorías. Para a proba en xeral, incluídos outros anos, o blog. O recorrido de maiores 2014: O regulamento. E os vídeos: *da confluencia entre S. Roque e Rosalía (a 5 min. do comezo) *da…

  • Publicación do PXOM

    Non atopei a ligazón directa na web do concello. Vai aquí: LUNES, 29 DE DICIEMBRE DE 2014 Nº 297 CONCELLOS RIBADEO Anuncio Tendo en conta a aprobación definitiva do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Ribadeo mediante ORDE do 14 de novembro de 2014 da CMATI, DOG num 230 do 1 de decembro de 2014…

  • Concerto Aquí como en Viena, Ribadeo 20141228

    Como é tradicional en Ribadeo dende hai dúas décadas no entorno de Nadal, celebrouse en Ribadeo o concerto Aquí como en Viena 2014. Embaixo queda, con gravación de móbil e sen os sombreiros ó Sinatra para New York, New York, nin as perrucas para emular a Abba en Grazas pola música ou Abba ouro, nin…

  • O mundo dende a terceira cetárea de Rinlo

    Hoxe é 28 de decembro. Na nosa tradición, un día que pode ser chusco a conta dos inocentes. Neste caso non é unha inocentada. Só un vídeo tomado onte na terceira cetárea de Rinlo, enfocando segundo se me ían ocorrendo as ideas, á auga da cetárea, ás escaleiras, ás nubes, ó mar, ó Mondigo… co…

  • O próximo Nadal, vémonos na residencia de Ribadeo

    Coido que fixo ben o alcalde de Ribadeo en empregar as obras da residencia para felicitar o Nadal. Hoxe xa está a cuberta posta, e poderíase poñer o ramo que culmina a estrutura dun edificio. A ben seguro, poñerase dun ou outro xeito e haberá celebración. Ó próximo ano vai tocarlle o distribuíla, e logo,…

  • Boas festas

    imaxe http://www.esa.int/spaceinimages/Images/2014/12/Multicoloured_view_of_supernova_remnant (con explicación)

  • Intelixencia cooperativa en Ribadeo

    Onte foi o pleno no que se aprobaron os orzamentos para o 2015. Como estaba previsto por iso da maioría absoluta, a cousa foi adiante. Non facía falta estar no pleno. Tampouco saber se había algún punto máis na orde do día ou non: a nota de prensa non o especificaba e, ó non ir…