Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.575 posts
47 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • Antroido… hai 18 anos: o antroido do futuro

        Hai algún tempo, ribadeando ligaba un repositorio de documentos relacionados con Ribadeo, ‘Publicado en Ribadeo‘. Hoxe non, dito repositorio desapareceu e estou comezando a recuperar eses documentos. Entre eles, estaban diversos pregóns do antroido, como a peza que deixo embaixo que debía ser algo así como un adianto do antroido/entroido do futuro. Sirva como…

  • Asimetría. Diferenza

    Os seres humanos somos en xeral simétricos, a esquerda e dereita, con pequenos defectos que fan esa simetría irregular. Cando a falta de simetría é evidente atopamos un caso raro, que tratamos de xeito diferente. Casos como os de alguén a quen lle falta un brazo, ou que tren unha chepa cara algunha das beiras.…

  • Tempo de antroido, tempo de desconto en Ribadeo

    A modo de introdución ó antroido. O antroido non comezou aínda, pero xa está na mentalidade informativa e tamén entrou na cabeza da xente  de xeito que aparenta unha excrecencia que tende a ocupar espazo e desocupar pois outras cuestións que o ocupaban. Todo en consoancia con que de feito amplíase de xeito elástico o…

  • De aquí bebemos / bebíamos

    Como xa ten saído no blogue algunhas veces, o encoro de Vilamariz no rego de Lexoso foi o segundo lugar de onde se comezou a traer auga a Ribadeo, despois de facelo das Fontes do Lobo, na beira de Santa Cruz. A foto é da caída de auga do encoro de Lexoso, o día 8.…

  • Programación lúdica e cultural: antroido, Suso Peña e Amancio Prada

    Esta semana, o correo de Cultura Ribadeo ven cheo. Este sábado 20150214, Amancio Prada no Hernán Naval, ás oito e media da Tarde. O Antroido 2015, facendo das súas… dúas semanas, segundo parece! E tamén, a exposición en memoria de Suso Peña en Turismo Ribadeo Algunha cousa sobre Suso Peña no blogue: Pro homenaxe a…

  • Revisitando o Pozo Mouro

     Deixo hoxe varias fotos e un vídeo do Pozo Mouro, no rego Lexoso, preto de Remourelle, como aparece no mapa ó final. A zona xa a tratei tempo atrás cunha entrada de título ‘Ribadeo marabilloso‘, tamén con fotos e vídeo na que se pode comparar a fervenza con diferentes caudais. A baixada dende a estrada…

  • Un xabaril á beira da estrada

    Un xabaril na Devesa, xusto diante da porta do Campamento Xuvenil. Xa din parte onte para a súa retirada na G.C. de Ribadeo, co que supoño que hoxe xa estará fóra do lugar. Estaba comezando a inchar; debía levar varios días alí. Ben, por como tiña a parte do morro, a máis do lugar onde…

  • José Calavera Ruiz e Ribadeo

    Xosé Calavera Ruiz é coñecido e recoñecido en Ribadeo. Hai poucos días foi homenaxeado co Premio Nacional de Enxeñaría Civil que outorga o Ministerio de Fomento. Para unha pequena historia da relación entre José Calavera Ruiz e Ribadeo, no blogue ten aparecido: A honra de Ribadeo (20120903) testemuña no acto no que se lle concedeu…

  • O Cabo Torres e o Emperatriz Eugenia, por Pancho Campos

      Fai semanas que están aparecendo na prensa autonómica do Reino de Galiza noticias sobre o Patrimonio Local dos pobos da bisbarra. Cómo están a traballar os veciños e empresarios, para poñer en valor este enorme recurso turístico para dar traballo a nosa xente e evitar, dentro do que cabe, que as novas xeracións teñan…

  • Enquisa do CIS? Non me faigas rir!

    1.Introducindo Hai uns días, un ‘potente medio escrito galego’, á calor da manifestación de Podemos o día 31, entraba nos cómputos de xente como tantos outros medios, pero na páxina 3, se non lembro mal, axustaba nos titulares dunha nova que, dende Galicia, tiñan viaxado a Madrid unhas 10 000 persoas, e que o fixera,…