Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.317 posts
29 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • Do lixo e outras merdas

    Ven sendo algo cíclico, o do falar do lixo. Producimos moito (en Ribadeo, enviamos ó lixo cousa de 1 kg diario, co que completaríamos un peso igual ó noso en 2-3 meses) e literalmente non se sabe que facer con el. Nin aínda cando temos unha recollida como en Ribadeo se evitan situacións como as…

  • Medindo resultados de campañas de propaganda

    Polo que parece, a campaña de promoción turística de Ribadeo en Fitur este ano é un éxito completo. Remítome ás notas de prensa e conseguintes publicacións. Dende Ribadeo, tendemos a ver o que se fai pola nosa xente no exterior con ollos positivos. É natural. Pero a día de hoxe, a piques de rematar Fitur,…

  • Estatísticas do blog

    Cando faltan algo menos de tres horas para rematar o mes, miro as estatísticas do blogue: 2 631 páxinas vistas en Ribadeando. Iso fai… unhas 85 visitas diarias. Non está mal para un blogue de ámbito (territorial, temático, …) abondo limitado coma este. Que, con altibaixos, está tendo agora un número de visitas diario dos…

  • Debemos berrar ‘habemus wifi’? (ou mellor, ‘non habemos bus’?)

    Século vinteún, metade da segunda década, un país supostamente do primeiro mundo, e a nova do xornal indica que haberá wifi gratuíto na estación de autobuses de Ribadeo… Por suposto, está ben que haxa wifi. Hoxe en día, é de supoñer que a estación teña máis dun ordenador, e iso xa non se concibe sen…

  • Desigualdades. Un caso de relevancia para Ribadeo

    O título podería ser doutro xeito: ‘se queres ser libre, págao’. Coido que destoutro xeito, a consecuencia é máis clara: ‘porque terás que pagar o prezo da túa liberación, xa que non és libre’. A actual ‘democracia á española’ manifesta non ser igual para todos. As desigualdades son evidentes. Tanto, que mesmo hai ‘demócratas’ que…

  • Espectador privilexiado

    Onte tiven (unha vez máis) a ocasión de ser espectador privilexiado. Entendámonos, o privilexio ven sinxelamente de ser espectador case único dun acto que é público e onde se deciden actuacións sobre a vida do conxunto de Ribadeo: o pleno municipal. Onte eramos dúas persoas as que estabamos mirando o desenvolvemento do pleno, co que…

  • O meu pai

    De http://www.galiciadigital.com/opinion/opinion.12438.php por Xulio Xiz Antoñito do Constante mércores, 28 de xaneiro de 2015 Este amigo que xa descansa no cemiterio vilalbés chamábase Antonio Gregorio, pero como seu pai -Constante Gregorio- foi coñecido e estimado tratante en gando e carniceiro na capital vilalbesa, e Antonio ao terse incorporado a ese labor desde moi novo, os vilalbeses asignámoslle o…

  • Aceptas un desafío con trampa?

    Se chegaches ata aquí entendo que si, que o aceptas. Ben, gana quen atope en máis sitios a orde do día do pleno de hoxe. Non, a ligazón non trata da orde do día do pleno, senón dun anuncio dalgunha das súas partes como propaganda institucional, logo non conta. Se non me equivoco, ganarán os…

  • Grecia non é Ribadeo

    Lin onte que hoxe hai moitos analistas políticos que saben de Grecia. Eu só constato que Grecia e España son diferentes, a nivel estado, e máis aínda, Grecia, un estado, e Ribadeo, un concello. E coas diferenzas, as posibles semellanzas ou sinxelamente, curiosidades observables. Segundo eldiario.es, os resultados neste momento serían: Así, o primeiro que…

  • Ribadeo, por que non?

    Está en marcha unha campaña de promoción turística de Ribadeo, nomeada cun hashtag: #Ribadeoxqsi. Din que isto das campañas é o método que ven sendo tradicional, e o hashtag sería a parte de innovación, xunto co dito, porque si. Tamén ven sendo tradicional que as campañas se lancen co motivo de acudir a unha feira…