-
Unha estrela ascendente en Ribadeo
Aproveito o que é case unha frase feita para introducir o que atopo unha realidade. Unha estrela emerxente no entorno das web de Ribadeo nun nicho moi concreto: as actividades de ocio previstas e desenvoltas, aderezado con novas e informacións diversas. A web non é de hoxe, senón que se foi xestando de xeito rápido…
-
Pedagoxía, castigo e restrición en Ribadeo: o caso dos pasos elevados
Hoxe hai colgado na web do concello unha nova nova: Novos pasos elevados. Na r/Virxe do Camiño, r/Alza e no camiño da Palmeira haberá novos impedimentos á velocidade. Non sei se algunha vez se multou a alguén nalgún dos tres lugares por exceso de velocidade, pero van a constuírse para dificultala (e de paso, tamén…
-
Alegando as alegacións
As Catedrais está de moda. Non só pola afluencia de visitantes, senón dende un tempo a esta parte, pola realización dun plan que, visto o visto, pódese chamar malamente de conservación. O plan, da Xunta, foi presentado como anteproxecto para facilitar alegacións. con anterioridade, o concello pedía unha nova figura e a limitación de visitas.…
-
Algún apunte máis sobre a residencia de anciáns de Ribadeo
Despois do fin de ano,a residencia non se ve avanzar tanto, pero segue a un ritmo estable, cubrindo as divisións externas e internas. Algunha foto así o amosa. E, cara ó futuro, menos se verá do que se vai facendo, ó quedar cada vez máis oculto polos propios muros. Como comparación, poden mirarse as entradas…
-
ReC en marcha: Ribadeo en Común
A nova forza política da cidadanía de Ribadeo está en marcha. Ribadeo en Común, ReC, celebrou o día oito de marzo para presentarse en sociedade no medio de propostas cidadáns e música. O cartel xa indicaba algo da principal proposta cidadá feita: unha vila dos nenos, que os inclúa como cidadáns. Con referencia non só…
-
8 de marzo na Galipedia
Logotipo feito para o aniversario pola Galipedia Por unha casualidade, o oito de marzo non é só o día da muller, senón o aniversario da Galipedia, a wikipedia en galego. A maior enciclopedia sobre Galicia hoxe en día, expresando non só os propois artigos enciclopédicos, senón tamén como se fixeron, a construción de cada artigo,…
-
Maximizando a ineficiencia. Só?
Unha nova atraínte: as probas fanse un lugar e os resultados, viaxan en taxi a outro. Nada de internet, ou dunha distribución máis racional de lugares onde facer probas, ou outras lerias. A nova ten un titular, ‘El Sergas reconoce que envía en taxi biopsias del Hospital da Costa al de Monforte, que estas cousas…
-
Nota de prensa: Ribadeo en Común, ventos de cambio
Sopran ventos de cambio no panorama político, e moitas xentes de Ribadeo queren participar deles. “Ribadeo en Común” é unha oportunidade para a implicación da cidadanía nos asuntos públicos e a mudanza nos xeitos de exercer o goberno local. O noso programa de goberno colaborativo promoverá usos, dereitos e valores que, sendo apoiados maioritariamente pola…
-
Datos e enganos (nosos)
Adxunto un par de gráficas que saíron antonte no xornal, como aparece na imaxe. Non me vou meter con que os letreiros estean ou non en galego, nun xornal que cobra subvención teóricamente aomenos, en parte por promocionalo. Si con que, 67 anos despois da convención que recomenda a nivel mundial que os números agrupen…
-
Formación de Ribadeo ó mundo
APAGA é unha asociación con base en Ribadeo. Creada e actuando dende hai xa abondos anos, mantén unha estrutura formativa que ampara a formación en automoción en Galicia e alén das nosas fronteiras. As xornadas de automoción primeiro, despois os forum ou as mostras de vehículos son parte dunha asociación que se move. Unha parte…