-
Xardíns colgantes, edición 2015 (I)
No día das letras galegas, natureza viva, rebosante sobre as nosas cabezas, como tódolos anos, lembrando que estamos na primavera. Só unha mostra: No aparcadoiro: nunha ‘maceta’ sobre columna do valado, co pé dos carteis electorais no muro derribadeo da antiga casa indiana ó pé dunha casa indiana en S. Roque nas Catro Rúas Nas…
-
A auga que bebe Ribadeo é branca ou tinta e ten sabor
Collo a referencia do estribillo do ‘viño que bebe Asunción’ para chamar a atención sobre a auga de Ribadeo. Non é a primeira vez que me refiro a ela. Hoxe, a conta de varias referencias á auga, parolando con outra xente sobre como saía da billa onte, lembreime dun folleto que editou hai pouco a…
-
Ribadeo, vistas a cinco días de campaña
Quedan cinco días de campaña electoral para as municipais 2015. Son momentos para mirar e pensar. Si, coma sempre, pero o sistema, polo momento, funciona así, a golpes cada catro anos. Non se trata de mirar coa mente chea coas ideas preconcebidas, senón dun xeito aberto. A primeira foto está tomada dende a Garganta, sábado,…
-
O(s) debate entre candidatos á alcaldía de Ribadeo
Xa está na rede o debate promovido pola Voz, collido por ‘El Farero‘: Tamén o de ORT: Só unha lembranza: http://ribadeando.blogspot.com.es/2015/05/cara-cara.html
-
Subrealismo relixioso en Ribadeo
Día ventoso, de Sol forte entre nubes tapadeiras, camiñando por Ribadeo este domingo das Letras Galegas, pódense atopar imaxes subrealistas, como estas do nº 1 da rúa Deputación, antes de que sexa tirada por orde gubernamental do concello (antes de que caia por si). Título: o Cristo aguanta entre ruínas Título: o que queda, ó…
-
17 de maio de 2015 dende Ribadeo e dende o mundo
O día das letras galegas hai moitos xeitos de velo. Dende Galicia mesmo haberá xente que só vexa o folclore, ou mesmo que non vexa máis que inutilidade. Eu vexo lembranza e necesidade, ou lembranza da necesidade de actuación. En Ribadeo hoxe haberá, nas catro rúas, ou as catro calles, que o topónimo está totalmente…
-
Na procura doutros datos… Como te chamas se es de Ribadeo?
Na procura doutros datos, ás veces atópanse cousas laterais que son curiosas. Un exemplo que atopei hoxe no IGE, na procura de datos sobre Cedofeita para outro artigo: a frecuencia de nomes en Ribadeo, ou a frecuencia de nomeados segundo a década de nacemento da comarca. A lembrar que as figuras poden verse por separado…
-
A convivencia como asunto de parroquia
A maioría da poboación de Ribadeo está no pobo. Era algo certo a comezos de século e dende aquela non fixo máis que aumentar a diferenza. A concentración segue aumentando, e as parroquias son descoñecidas. Coido que as frases anteriores non necesitan moita aclaración. Á maioría do Ribadeo-vila, se se lle pregunta como ir a…
-
Cara a cara? (E un xamon!)
Onte debeu saír no xornal el Progreso (aínda non o vin…) cada un dos candidatos número un das listas electorais de cada formación ó concello de Ribadeo. Hoxe haberá un ‘debate cara a cara’ ás oito da tarde no cine teatro promovido pola Voz. Naturalmente, un pequeno acto nunha parroquia (Cedofeita, escola) ás nove da…
-
Para cando o primeiro pleno pleno?
Unha vez máis, o pleno manifestou ser unha cousa de políticos: eran os que estaban avisados de que o habería. A ver se me engano. Ti que estás lendo isto, sabías con antelación do pleno que houbo esta semana? É máis, sabes cando foi? Ben, podemos aclaralo a auga pasada. Foi o día 11, o…