-
Revoltillo en España. A craridade grega.
Xa viu o partido e o ben común xa quedou esquecido. O xogo, o resultado e demais eclipsaron a fin de semana anterior e aló vai boa parte do tratado sobre a renovación democrática ou sobre a corrupción, a destitución do delegado gubernativo en Valencia por idem, a destrucción de documentos en concellos… Mesmo a…
-
Nota de prensa de Ribadeo en Común
Desde Ribadeo en Común queremos agradecer a súa confianza ás 271 persoas que nos deron o seu apoio nas pasadas eleccións; tamén a todos os que se achegaron aos colexios electorais a depositar o seu voto; lamentablemente por só 15 votos non puidemos obter a nosa primeira representante no Concello. Nestes meses pasados, veciños e…
-
Letras galegas: Concerto da banda municipal de Ribadeo (20150530)
Cheo no cine teatro, para variar. Lectura de Farruco Graña e bis e himno galego, incluídos, aínda que non aparezan no díptico-programa. No audio non aparecen as tres primeiras pezas. Mágoa, estábame gustando… E o ambiente? Bo!. O himno, mellor lelo noutro lugar.
-
‘Un faro de todos y para todos’
Recollo hoxe de La Comarca, por unha petición xeral que se fixo ó grupo ‘Por nuestro faro’, un artigo que sae hoxe mesmo. A próxima fin de semana haberá unha xuntanza… e a ver que sae. Só lembrar que premendo sobre a imaxe, pode ampliarse… e que o texto tamén está despois no…
-
Pasou unha semana
Pasou unha semana (días laborables) dende as eleccións. Coido lembrar que todos os grupos políticos de Ribadeo levaban dun ou outro xeito unha mellora na limpeza. Pero tardan en poñerse mans á obra… En toda a semana levo visto os mesmos carteis, cada vez máis roídos e algúns medio arrincados. Só o que agora se…
-
Faro, números, posibilidades… hotel?
Por partes. Hai canto tempo que non ves ‘en vivo e en directo’ a illa Pancha? É importante para ter conciencia que está aí, que é real, algo máis ca unha abstracción que manexar nas redes sociais como un xogo de rol. Punto seguinte: Embaixo, unha toma do SIGPAC, un servizo oficial de cartografía española…
-
Xa votaches. Agora témoste vixiado
É curioso. A información asimétrica. Tenta procurar algo de información das administracións en España e verás os muros cos que te atopas. Dende cousas tan nimias en aparencia como o coñecer que vai haber pleno e que se vai tratar ata a información sobre o hotel da illa Pancha ata outras de abondo máis peso…
-
Lembranza para a historia
Por orde alfabética:
-
Post resaca electoral. Voltando á normalidade
O luns, despois dunha resaca, é un día diferente. Neses casos, a semana comeza a normalizarse o martes. Algo así pasa coas eleccións. Despois dunha fartura, luns pasa rápido e aínda sobrevoando os resultados. É máis tarde, a partir do martes, cando se baixa á terra e se vai un pouco máis pausado. No caso…
-
Resultados Ribadeo. Eleccións locais 2015 (IV Rematando cos datos)
Para rematar coa base de datos (pode que siga empregando algún dato derivado máis, pero de xeito esporádico), deixo dúas gráficas comparativas 2011-2015 por mesas, vila e campo e total: Coido que o anterior é abondo ilustrativo: O BNG aumentou as porcentaxes de votos tanto na vila como no campo, de xeito semellante, mantendo a…
