Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.457 posts
38 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • Os turistas poden, os de Ribadeo, non

    A xente de a pé non protesta en Ribadeo. Sábeno por aí nas ‘estruturas de poder’, e por iso non pasa nada. A raíz dunha nota de prensa de ACISA, que xa saíu reflectida por exemplo na Comarca do pasado fin de semana (4 de xullo) e que ven confirmada por exemplo nunha nota de…

  • Zeltia vaise. Unha galega menos

    Curioso. Unha das empresas punteiras de Galicia, Zeltia, propietaria única de PharmaMar, emigra. Imaxe corporativa actual de Zeltia A nova xa non é de agora. Estaba prevista, como se pode ver nun memorandum da empresa, datado o ano pasado. Pero, que significa? Zeltia era unha empresa química galega, radicada en Vigo e xurdida a mediados…

  • A débeda de Ribadeo. Algúns datos

    Hai xa máis dunha semana que me chegou a ligazón a ‘consulta a débeda do teu concello’ en Praza.gal. Mirei e deixei pasar, pero conservei no navegador. Agora, pasado un tempo prudencial, e non vendo maior difusión, deixo os datos que atribúe a Ribadeo: 2014: 2 058,04 k€; 2011: 1 266 k€ Déixoo aí porque…

  • Comentando algunha foto

    Son sinais de pouca cousa, pero repetidas. Pouco que ver coa nova de hoxe (en Ribadeo que a nivel internacional está o “non” grego), o Camiño Norte Patrimonio da Humanidade,que teremos que debatir para aproveitar e non estragar, na procura desde difícil equilibrio. Mentres, en Ribadeo, en fotos tomadas domingo á mañá, a primeira amosa…

  • Mirando máis aló no tempo, sobre a crise grega

    Estes días caeu nas miñas mans unha gráfica sobre impagos na historia dos estados de Europa. Hai que contar que a organización estatal noutros lugares foi en xeral abondo posterior, e aínda que en Europa tampouco todos os estados naceron ó tempo, nin tiveron a mesma continuidade na súa existencia, hai unha homoxeneidade abondo maior…

  • Unha visita “inesperada”

    Hoxe visitei Mondoñedo. Un paseiño de vagar polas súas rúas cargadas de historia sempre ven ben. Resulta que tiña tempo e vinme forzado a usar a vella N634. O motivo? O Fiouco, claro, estaba pechado ó tráfico. Gústanme os paseos por Mondoñedo, e desta, non me importou, mesmo agradecín a desviación. Outras veces é ben…

  • Axenda cultural 3º trimestre de 2015 en Ribadeo

    Deixo o aviso da nova axenda cultural, e poño a súa evocativa portada como ilustración:

  • A feira do libro Ribadeo 2015

    Como non, con controversia dende lonxe: que se Ribadeo se desmarcou da Xunta para celebrala, que se Xunta postergou a Ribadeo… A nota, xa de hai uns días no blog do concello, e o díptico coas actividades: Díptico de actividades, ampliable noutra fiestra premendo co botón dereito do rato. — A feira do libro Ribadeo…

  • A PRAIA DAS CATEDRAIS OU COMO DESTRUIR UN MONUMENTO, artigo de José Mª Rodríguez

    Cortopego do seu blog: “Quot capita, tot sententiae’, tantas opinións como cabezas. E esta miña é unha delas. O patrimonio natural mais importante de Ribadeo, a praia de Augas Santas, agora chamada das Catedrais, convertida nun grave problema. Xestores públicos con opinións encontradas e posturas opostas. A convivencia política entre as institucións, quebrantada. A paz…

  • Novas dende o Pazo de Ibáñez

    Esta mañá, ó levantarme, levo unha satisfacción. Remato de comprobar unha nova da que me deron conta conta oral onte, no medio doutra información. Por fin o pleno de hoxe aparece na web do concello con máis de 24 horas de antelación. Será polo cambio do concelleiro delegado correspondente ou polo que sexa, pero o…