Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.319 posts
29 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • Descubrindo algún libro de Ribadeo en internet: Sobre os castros de Ribadeo e Turismo y ordenación del territorio en el municipio de Ribadeo

    Retomando a carga de documentos do vello ‘publicado en Ribadeo‘ a internet, hoxe tocoulle a quenda a ‘Sobre os castros de Ribadeo’, de José Mª Rodríguez Díaz, editado polo Tesón e colgado en dúas partes: Sobre os castros de Ribadeo 1 e Sobre os castros de Ribadeo 2. Un libro que sempre está de actualidade:…

  • Tecnoloxía e vida en Ribadeo

    Hoxe debe haber pleno en Ribadeo: os xornais anunciaron antonte varios asuntos a tratar. Sei de boa man que se deu orde de dar publicidade ó pleno en internet. Mais, a esta hora, na páxina do concello, non a atopo. Será falta miña… A cuestión técnica está deixando ó mundo -non só a Ribadeo- descolocado…

  • 300 m2 para un Ribadeo diferente

    Ó saír da biblioteca Viejo Pancho e subir cara o centro do pobo vese unha pintura na beira dunha casa, sobresaíndo por riba do tellado de outra, que chama a atención e xa foi tratada algunha vez no blog. Esta pequena mostra de arte leva aí máis de cinco anos. Agora, nunha liña parella, pero…

  • De campos (artificiais) e sirios (naturais)

    Diversidade. A diversidade fai o mundo máis rico, evidente.Tamén é evidente que a diversidade nas ideas leva producido, xunto con esa riqueza, unha morea de desastres ó non poñerse de acordo por ideas diferentes. En Ribadeo, hoxe mesmo, pódese falar de sirios, a conta da proposta do concello, que se ten idea de que comezou…

  • Unha lección de historia? Un manexo: “Hable bien”

    Despois de ver que os xornais o ignoraban… Como é costume, o segundo exame das PAU foi o de Historia de España. O que non é tan habitual é que entre os documentos a xulgar se aporte unha reprodución dun panfleto repartido na Coruña no 1947 instando ó uso do castelán: “ HABLE BIEN Sea…

  • OUTRA ESCOLLERA NA RIA DE RIBADEO, artigo de E. Lombardero

    A Consellería de Fomento de Asturias proxecta unha nova escollera na ría para “protexer” ao porto deportivo de As Figueiras, según o “Plan Territorial Especial para la Estrategia Integrada de Gestión Portuaria Litoral del Principado de Asturias”, exposto ao público nas últimas semanas. O proxecto contempla obras en numerosos portos. No caso que nos afecta…

  • Aportación á solución do conflito do leite

    Un conflito en vías de solución, din. Un conflito no que o sector produtor segue como parte débil, só mantida polo apoio social que presiona. Unha volta destrozado o pouco tecido asociativo de produción, e mesmo sen capitais galegos no sector de transformación (se iso poidera ser un atenuante), a solución aparenta ser fráxil, un…

  • Avantaxes da pluralidade: Hospital da Costa

    Bravo polo multipartidismo! O anuncio de que se vai comezar coas xestións da ampliación do hospital da Costa supón un éxito pre-electoral da ameaza ó absolutismo da maioría parlamentaria popular. Maioría parlamentaria actual que non é maioría absoluta de persoas, pero non por iso deixa de ser maioría de votos. Esa maioría representativa vese ameazada,…

  • Economía ou asalto

    Esta tempada estamos vivindo na Mariña situacións que, por repetidas, non deixan de ser cada vez máis desastrosas e manifestación dunha tendencia que vai moito máis aló da nosa xeografía local. Poderían darse máis exemplos, pero hai dous que sobresaen, e non timidamente, sobre os demáis. Un é o de Alcoa. Un ano máis, celebrouse…

  • Milagre! (un ano máis)

    Nalgúns lugares danse milagres anuais. Algúns son do tipo de choros de imaxes de santos ou de licuación de sangue a día fixo. Noutros, como en Ribadeo, son máis humanos. En Ribadeo trátase da conversión periódica de alcaldes en fieis cristiáns representando unha comunidade de fieis cristiáns dun estado confesional en determinados actos relixiosos. O…