Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.319 posts
29 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • Do (noso) mar… contaminado

    Sabido é que o mar estase a converter nun vertedoiro. Contaminación nun lugar onde todo vai parar ou acumulación de residuos de plástico, con illas inmensas no centro dos océanos súmanse á sobreexplotación de especies e o desequilibrio ecolóxico consecuente. Esta semana, coa xunta de confrarías en Burela e a xuntanza desta tarde do Grupo…

  • Controlo os meus cartos, controlo a miña vida

    O título corresponde a un traballo premiado. Fíxoo a xente que recibe educación no Colexio Sagrado Corazón de Ribadeo, e o premio foi do Banco de España. Parabéns ós nosos veciños! Tentando enterarme de algo máis, chego ó discurso do Gobernador, pero non ós traballos. E faigo algún comentario antes de deixalo reflectido a continuación:…

  • Complemento: Asemblea e viaxe

    Cortopego dende o blog de O Tesón as actividades promovidas para este próximo fin de semana. A viaxe, como todas as que organiza a asociación, terá un fin social e tamén divulgativo: Nota de prensa 20150929 A AVV O Tesón de Ribadeo ten establecida como actividade anual unha viaxe social aberta. Iso significa que a…

  • As catedrais, si ou non?

    Entre o ateigamento veraniego e a tranquilade (que non vacío) outonal, quédome co segundo. Onte, a pouco máis de media marea, no aparcamento catedralicio axuntábanse preto de 100 coches. A praia non estaba baleira, non. Pero notábase algo: do impedimento e vixiancia do verán non quedaba rastro. A praia estaba desprotexida de novo. Non sei…

  • Cultura feita en Ribadeo

    O IES de Ribadeo Dionisio Gamallo comezou a usar ese nome hai dous cursos. Iso, o poñerlle un nome foi quizáis o detonante para que o curso pasado se comezara co que pode ser unha longa tradición no futuro, as charlas de comezo de curso. Así, na primeira charla, curso 2014/2015, Toni Deaño, ex-profesor que…

  • Incendios

    Coa estrutrua de mando dun concello pódese estar máis ou menos de acordo, ou discutir as súas ideas e ordes. Pero cando se trata dalgunha cousa como o apresar a quen está a prender lume na estrada cara á veiga, a unanimidade é a única resposta posible. Levábamos xa algún tempo se conatos de incendio…

  • Do leite que se produce en Galicia: unha entrevista a José Ángel Salvatierra na revista Irimia

    Onte, José Ángel Salvatierra, enxeñeiro técnico agrícola con ampla experiencia no agro galego e tamén coñecedor do sector en toda Europa, pasoume a revista Irimia co que coido é unha interesante entrevista que lle fixeron (fíxolla Daniel López). Velaieiquí: “Os tractores na rúa foron portada, os prezos do leite caeron e as explotacións producindo á…

  • 29 non, 18 si

    Si, xa sei que hoxe o tema son as eleccións catalanas, pero con toda a súa influencia en Ribadeo, que a teñen, os números do título non representan votos nin porcentaxes referentes a elas.  Son algo máis ‘de aquí’. Resulta que onte collín un ‘Ágape’, a revista da parroquia, onde aparecían certos números referidos a…

  • Da eclipse desta noite

    Ía facer unha entrada sobre a eclipse desta noite, pero púxenme a editar a entrada da galipedia, e mellor que repetilo no blog, poño a ligazón á páxina da “Eclipse de Lúa de setembro de 2015” que seguro que mellorará co tempo. Só uns datos: Contactos P1 00:11:47 UTC U1 01:07:11 UTC Máximo 02:47:07 UTC…

  • Refuxiados? Non! Volkswagen!

    As cousas, no seu sitio. Unha crise humanitaria (e polo tanto, tamén social e económica) a nivel continental (ou mesmo intercontinental, segundo como se conten os continentes) non pode facer fronte a unha fraude do fabricante de automóbiles maior (hoxe xa se fala de segundo, ou menos) de automóbiles do mundo. A fraude non é…