Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.322 posts
29 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • En cinco días #ribadeoenbici

    Amence con Sol, e subindo a temperatura, do día, natural ó saír o sol, e a media, polo cambio de ventos. Un día como para andar en bici. O venres 6 de maio será a terceira concentración ciclista #ribadeoenbici despois de que na primeira unhas poucas persoas nos reuniramos baixo unha chuvia inclemente e decidiramos…

  • Amadores da Música: ó traballo

    Sábado 30 de abril. Asemblea de Amadores da Música, a sociedade xestora da Banda de Música de Ribadeo. Anunciado que se non había recambio na directiva, a sociedade desfaríase. Hai recambio. Un equipo encabezado por Chema Suarez, con ilusión consciente, fíxose cargo da dirección. Algún repite na directiva: *Presidente: Chema Suárez García *Vicepresidente: Diego Vizoso…

  • A divulgación da ciencia en Galicia. Ribadeo

    Corto e pego dende ‘Física e Química en Ribadeo‘: O pasado día 20 de maio, en Santiago, tivo lugar o que foi o momento punteiro en todo o ano para avaliar o estado das relacións entre ciencia, técnica e sociedade en Galicia. O Consello da Cultura Galega presentou un informe que hai cousa de ano…

  • Nota de prensa sobre a xuntanza da Reserva da Biosfera e a illa Pancha

    Onte, 28 de abril celebrouse en Vegadeo a primeira xuntanza de constitución do Foro Social de participación da Reserva da Biosfera “Eo, Oscos e Terras de Burón”, con presencia do D. X. de Recursos Naturais do Principado de Asturias, a Da. X de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, os codirectores da reserva por Asturias…

  • A economía (nova) de Ribadeo? de que falas?

    Ribadeo está desindustrializado. Quen o industrializará? O industrializador que o industrialice bo industrializador será. Non é un bo trabalinguas, mais podería significar algo abondo consoante co que moita xente pensa. Chocaría isto coa deriva cara ós servizos que, sen ser planificada nin coordinada, ten tomado Ribadeo? Como polo momento non e previsible que ocorra, só…

  • Reconfigurando Ribadeo

    Todos lembramos, por aínda recente, os momentos nos que Santa Cruz ofrecía unha vista de máis de vinte grúas en funcionamento na zona de Ribadeo. Nalgún momento teño contado ata case trinta. Hoxe non é así, e a cousa redúcese a un par ou pouco máis. E houbo un desprazamento dos lugares afectados. Hoxe faise…

  • Pola illa Pancha, difundindo dúas cousas

    Un breve post para difundir dúas cousas: 1. Un curto vídeo de Suso Fernández montado para celebrar 1 ano do grupo ‘Por nuestro faro’: 2. Un aviso que me chega por correo electrónico, co texto e imaxe que adxunto (a difusión non di máis, por exemplo, o autor/autora da paisaxe): “Tamén o sábado se inaugura…

  • Descomposición

    A agregación da xente a movementos sociais constitúe un paso de composición social. A desagregación da xente dos movementos sociais constitúe un paso de descomposición social. Quizais non está expresado dun xeito rigoroso, pero coido que si queda clara a idea básica. E voltamos a Ribadeo. Hai tempo -uns vinte anos- teño entendido que figuraban…

  • Secuencia de encendido na illa Pancha

    ‘Secuencia de encendido’: Distinta significación en distintos contextos. Nun, o do vídeo a continuación, está claro, pero, por se acaso, unha pequena explicación dun vídeo que xa ten máis de cinco anos. Nel vense os tres primeiros faros de entrada na ría de Ribadeo: o da punta da Cruz, vermello, á dereita, o da illa…

  • 25 de abril

        Sónache iso de ‘25 de abril‘? Será quizáis pola ‘Revolução dos Cravos‘? Lembras algo a Zeca Afonso? a Spínola?     Hai un par de anos, lembrábao no blog. Hai sete. Hai nove, tamén. E hai moitos máis, preto de dúas décadas, foi lembrada nunha actuación da Banda Municipal de Ribadeo na igrexa… Feliz día…