Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.322 posts
30 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • PRO PP A MARIÑA REMATA NO MASMA. Artigo de José Mª Rodríguez

    A lectura da prensa dispénsanos a diario unha reata de noticias e opinións cada vez máis sorprendentes. Noticias, manifestacións e opinións, unhas veces amenas, interesantes outras e con frecuencia sorprendentes polo seu cinismo, sobre todo as que se producen en períodos electorais, como é no presente caso en Galicia coas súas vindeiras eleccións ó goberno…

  • Historias do romanticismo

    A ribadense Celia Castro publicou na primavera un novo artigo sobre arte: ‘Historias del romanticismo. Una elección’. Adxunto o deixo para a súa lectura. A imaxe pode ampliarse e o pdf pode ser descargado. Máis obras de Celia Castro.

  • Nota de prensa de Por Nuestro faro

    Como complemento á entrada anterior (http://ribadeando.blogspot.com.es/2016/08/illa-pancha-resultado-da-concentracion.html), adxunto a nota de prensa que dende o colectivo ‘Por Nuestro Faro’ foi enviada hoxe, xunto con fotos e o texto do discurso (ver a entrada anterior): El colectivo “Por nuestro faro” organizó una concentración por la Isla Pancha ayer, 14 de agosto, frente al Ayuntamiento de Ribadeo a…

  • De mulleres en Galicia, visto en Asturias

    Onte un xornal asturiano ilustraba cunha gráfica a nova ‘Las asturianas ganan talla en la empresa’, na que destacaba que Asturias é a segunda comunidade en porcentaxe de ‘féminas’ (sic) en postos de consello de administración das PYMEs. Na gráfica aparece Galicia como a primeira comunidade do estado en porcentaxe ocupado por mulleres en tales…

  • Illa Pancha: resultado da concentración do 14 de agosto

    Comezo con fotos de autores diferentes (Mario P., S. Fernández e Ángel A.) correspondendo a tres momentos tamén diferentes dunha concentración que din (eu quedei sen poder ir) acolleu a unhas 100 persoas. Foi hoxe, domingo 14 de agosto de 2016, comezando ás 12 da mañá de rematando preto de tres cuartos de hora despois.…

  • Hai seis anos. Hospital, reparacións polo temporal, participación cidadá…

    Copio e pego do blog da AVV O Tesón: Nota de prensa Xuntanza da Mesa de Asociacións xullo 2010 Como estaba previsto dende xaneiro, o primeiro fin de semanda do pasado mes de xullo tivo lugar a xuntanza da Mesa de asociacións do concello de Ribadeo. A xuntanza foi convocada, a modo de lembranza, pola…

  • Competencia: Barres e Ribadeo

    Polígono industrial en obras. Ribadeo? Non, Barres! Algunha nova fala do tema? Se a houbo, pasou desapercibida. Mais aí están as obras xa avanzadas (a imaxe está tomada de Google maps e reformada coa ‘actualización’) para dotar ó polígono industrial de Barres, onde teñen emigrado empresas que se instalarían en Ribadeo de non levar moitos…

  • Hai oito anos: Nota de prensa do concello 20080801 sobre nave na ría

    Publicada en https://prensa-ribadeo.blogspot.com.es/2008/08/20080801-sobre-navena-ra.html O ALCALDE PÍDELLE AO PRESIDENTE DE PORTOS DE GALICIA QUE NON INSISTA NA CONSTRUCCIÓN DUNHA NAVE CUBERTA NO PEIRAO COMERCIAL DE MIRASOL. Ribadeo, 1 de agosto de 2008. O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, dille ao presidente de Portos de Galicia que “pode vir a Ribadeo cando queira a facer cuestións do…

  • Convocatoria pola illa Pancha. Concentración domingo 14 de agosto ás 12 fronte ó concello

  • Hai 8 anos: Nota de prensa do BNG sobre o Porto

    A comparar coa actualidade. Publicado en https://prensa-ribadeo.blogspot.com.es/2008/08/nota-prensa-bng-20080808-sobre-o-porto.html “POLA MANTEMENTO E AUMENTO DA ACTIVIDADE DO PORTO SEN AGRESIÓNS Á RÍA DE RIBADEO Ribadeo naceu arredor dun porto nunha das beiras dunha ría que posibilitou ese porto natural. A día de hoxe ambos seguen a ser de grandísima importancia, nunha vila con eminente vocación comercial e de…