Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.425 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • Se segue sendo normal: cortes de luz

    Lembro un pouco a cousa, que podedes seguir nas entradas anteriores: Co hashtag #‎cortesdeluzRibadeo, levo unha tempada tomando nota de ‘novas’ de cortes de luz en Ribadeo. Segue sen ser moita a xente que vai apuntado, pero é abonda para ter unha pequena ristra que vou actualizando cada pouco e que nos útlimos tempos inclúe:…

  • Dise Sicixia

    Sicixia é o aliñamento de corpos celestes. Algo que o director da película, Ignacio Vilar (Pradolongo, Vilamor, A esmorga…) tenta reproducir a escala humana nun film que resulta ser o son, a imaxe e a vida da Costa da Morte plasmada a traverso dunha historia mitolóxica moderna. As sensacións envolven ós personaxes, que loitan como…

  • 450 € por terraza

    De media, cada unha do aproximadamente medio centenar de terrazas (en xeral, zonas de ocuapción de rúa) ocupando as rúas de Ribadeo costará este ano 2017 uns 450 €, supoñendo para o concello uns 23 000 €, segundo dato da prensa de hoxe. Claro que, coa moi diferente ocupación que fai cada local da rúa,…

  • Mirando o paro

    Remato de atoparme con varias infografías sobre o paro. Xa que me deixan, comparto as dúas que coido son mellores: o paro por provincias e por CC.AA. En ambos casos, pode verse pasando o rato por riba as cifras (por defecto) ou as porcentaxes (usando a lapela de ‘porcentaxe’, opción que permite facerse unha mellor…

  • Sorpresa! si?

    PSOE: dous concelleiros na actualidade, neste mandato en Ribadeo. O primeiro, Roberto Ramos, xa dimitiu hai tempo, quedando no seu lugar a terceira da lista, Aurora González. Agora, o segundo da lista, David Fernández, tamén dimite. Co que lle tocaría ó cuarto da lista entrar, Camilo Vázquez. Pero non, nin o cuarto, nin a quinta,…

  • A banda cumpre anos: 25!

    25 anos da presentación da Banda de música de Ribadeo, o 25 de xaneiro de 1992 na igrexa de Santa María do Campo… e un longo recorrido dende aquela na historia da música en Ribadeo, e de moitos ribadenses! O cartel e o libriño da presentación, ó grande, como a ilusión que levábamos! Para ver…

  • O Tesón: convocatoria

    Por se non se ve ben a imaxe: Pola presente, convócase a tódolos socios de O Tesón á asamblea xeral ordinaria que terá lugar no salón de actos da Casa do Mar o día 4 de febreiro de 2017, sábado, ás 20:00 horas en segunda convocatoria (ás 19:30 en primeira convocatoria, que previsiblemente non se…

  • Agresión machista con subtítulo

    Imaxe (recortada) de wikiHow O primeiro que me atopo ó mirar o xornal esta mañá: a nova dunha agresión machista en Ribadeo. Na rúa, sábado pola noite. Polo que parece, xa está sendo investigado despois de ser identificado o mozo. Ata aquí, por desgraza, algo ó que xa estamos afeitos, ‘normal’. O que xa non…

  • ESCUDO DE ARMAS DA RÚA ATALAIA. Francisco José Campos Dorado

    Na rúa Atalaia, situada o fondo da rúa Trinidad, nunha casa pintada de cor marelo escuro, onde viviu o ben recordado veciño Manolín de Peruxo e súa dona Dª Maruja Mir, na fachada principal está este deteriorado escudo español (foto supra) e case destruído, que pola forma dos cortes transversais na bordura e nos marcos…

  • Mañá xa remata (Fitur)

    Miro a ficha técnica, por se acaso e si, mañá xa remata FITUR. Procuro no seu buscador ‘Ribadeo‘ e aparéceme o Parador como empresa participante. Só o Parador. Procuro por ‘O Cabazo’, que vin en fotos que estaban os seus donos na feira, e non sae. Procuro por ‘A Mariña’, e obteño como resposta uns…