Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.321 posts
29 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • 300 euros diarios

    300 euros diarios.  Segundo a nota de prensa do concello, ese é o éxito medio, cifrado en vendas, das casetas que participaron na IV edición da feira do libro de Ribadeo. ‘Uns 10 000 €’ entre 11 casetas, entre 3 días. Non sei a porcentaxe que lles queda ós libreiros, e polo tanto non podo…

  • Nova sobre as novas (… que tamén afecta a este blog)

    Dende hai un par de anos, os lectores asiduos do blog observarán que non poño ligazóns a xornais. A razón é unha lei, que se verá afectada por unha decisión que se tomará pronto a nivel comunitario, que implica un pago por cita, e que, co gallo que querer exprimir a Google para que pagara…

  • … isto tamén é Ribadeo

    O noso pobo -tódolos pobos- ten, a máis das cousas e lugares remarcados, moitos outros e outras que son aprezables. Ás veces, efémeros, outras, diminutos, outras máis, acubillados en calquera lugar, sempre, que se poden desfrutar ou sinxelamente quedar para a lembranza. As fotos a continuación dan idea dalgúns: * pombas e herbas nun aleiro…

  • Finde: de fóra en Ribadeo, e de Ribadeo fóra

    Esta fin de semana acumuláronse en Ribadeo varias citas con aportacións externas ó pobo, e algunha na que Ribadeo aportou tamén para fóra. Aquí queda algo delas. A primeira, a celebración do ‘día do orgullo’. Así, sen máis, aínda que evidentemente, pola bandeira e pola nota de prensa, refírese ó orgullo do colectivo lgtb. O…

  • De fogueiras e vaidades

    De fogueiras e de vaidades (Ligazón á versión castelá)  Mellor caer en graza que ser gracioso. Esta expresión tense dito sempre de certo xeito, sorna, e no fondo certa incredulidade, por insostible a longo prazo, sabendo que a verdade estaba noutro lugar, o lugar do que sabería apezala. Pero se a vida fora tan sinxela…

  • A feira do libro de Ribadeo, que comeza hoxe

    … terá novidades, centrarase no próximo… Os tenderetes xa están montados. E o programa, a continuación. … e a nota de prensa do concello: CONTARÁ CON 11 CASETAS DAS QUE 6 SON DE LIBREIROS LOCAIS IV Feira do Libro 26/06/2017 Entre os días 30 de xuño e o 2 de xullo terá lugar en Ribadeo…

  • Servizos panameños para consumidor ribadense

    Non sei se é unha campaña xeralizada, un erro de envío, unha campaña personalizada… pero levantarme e ver que me ofrecen, por correo electrónico, un servicio de asesoría en Panamá, deume por un momento un sentemento de corrupción e avantaxes fiscais ó tempo que de chanza que non é moi doado de describir. Só a…

  • DE HOGUERAS Y DE VANIDADES

    Más vale caer en gracia que ser gracioso. Esta expresión siempre se pronunció con cierto tonillo, cierta sorna, y en el fondo cierta incredulidad, por insostenible a largo plazo, sabiendo que la verdad estaba en otro lugar, el lugar del que sabría apreciarla. Pero si la vida fuera tan sencilla como la aprendimos de niños,…

  • Suso Fernández: Ribadeo en imaxes

    Remato de descubrilo, e lígoo aquí para que o descubra máis xente. O blog está en marcha dende o 31 de agosto de 2015, con imaxes de Ribadeo, a ría, a contorna. Sen comentarios, só imaxe. Para desfrutar.

  • Circunvalación de Mirasol: aberta (atención, a circunvalación, non o porto!)

    Xa está aberta de novo a ‘circunvalación’ do porto de Mirasol. Que eu saiba non foi avisada, co que moita xente aínda non o saberá e seguirá facendo un rodeo se ten que desprazarse entre a Vilavella e a zona do paseo marítimo – Porcillán – estrada do faro.  Polo momento vexo que está asentado…