-
Hoxe, eclipse de Sol
En norteamérica será a nova do día. Aquí, case nin nos enteraremos. A eclipse terá lugar en Ribadeo a partir das 20:45 aproximadamente (hora legal), co máximo de visibilidade na posta de Sol. Xeitos de velo? Eu sempre aconsello por reflexión, isto é, collendo un espello e proxectando a imaxe do Sol nunha superficie branca…
-
Gravación do concerto de 25 aniversario da Banda Municipal de Ribadeo (20170819)
Vídeo 1: polo momento, non se pode reproducir por cuestión de dereitos. Vídeo 2: Mural: Foto de Suso Fernández: Foto de Suso Fernández cos compoñentes da banda (en algún momento da súa historia) presentes:
-
Unha curiosidade: ausencia do alcalde
O alcalde non está nin se lle espera antes do 31 de agosto. Chámame a atención este tipo de avisos, feitos con tempo (31 de ‘agosto’, sen corrección polo momento) que se ven incumpridos (o alcalde foi avistado con certeza por Ribadeo o 16, incluído no aviso, e parece que mesmo onte tamén estaría) de…
-
concerto 25 aniversario da banda
Por se facía falla… tamén churrascada
-
Estiven alí
Onte, a media tarde, a miña idea era falar de outra cousa, ‘máis de Ribadeo’. Aínda despois do ataque, pensei en non falar del, coa idea de que unha das razóns da bestialidade é precisamente a súa difusión. Pero non poido deixar de darlle voltas a unhas cantas cousas, e diso vou falar. A primeira…
-
ESCUDO DE ARMAS DO PAZO-TORRE DE CEDOFEITA. Francisco José Campos Dorado
Este Escudo de Armas español en punta (foto 1) cuxa forma aparece en Galiza a primeiros do século XVI (O Libro da Heráldica Galega, D. Luciano Fariña Couto, Fundación Barrié de la Maza, 2001, páx.29), está tallado en madeira escura e colocado nun espazo rebaixado do paramento da Torre do Pazo, na fachada principal Sur…
-
Hoxe é San Roque: Cartel San Roque 2017 Ribadeo
-
ESCUDO DE ARMAS DA CASA DE QUINTALONGA DE SANTALLA DE VILAOSENDE E ESCUDOS POLICROMADOS DA CAPELA DE SAN ROQUE DE RIBADEO. Francisco José Campos Dorado
Este Escudo de Armas está colocado na fachada oriental da Casa-Pazo de Quintalonga na parroquia de Santalla de Vilaosende. É un escudo con forma ovalada, medio partido e cortado, con bordura gravada de tal forma, que coincide a lenda có correspondente brasón de cada cuartel: “MONTENEGRO” (flanco destro, 1º cuartel)- EN LAS ARMAS Y EL…
-
PREGUNTA DO COLECTIVO “POR NUESTRO FARO” Á AUTORIDADE PORTUARIA, CONSELLERIA DE MEDIO AMBIENTE DA XUNTA DE GALICIA E CONCELLO DE RIBADEO
Foto de Carmen López Pérez Nos últimos días puidemos observar que na Illa Pancha xurdeu como por ensalmo un murete de obra que remata o valado da ponte na beira que da ao norte e que, dende o noso ponto de vista, racha abertamente ca estética do conxunto e introduce materiais alleos aos que se…
-
Carta de ‘Por Nuestro Faro’ ó alcalde de Ribadeo
Sr. Alcalde de Ribadeo O pasado día 23 de Xullo volvéronse ver varias persoas camiñando pola Illa Pancha. Dado que era domingo, mais-menos ás nove da noite sería improbabel que se tratasen de funcionarios ou operarios de nengún tipo. O Colectivo “Por Nuestro Faro” non deixa de preguntarse que clase de precintado terá esa…
