Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.424 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • Gasoduto na Mariña. Orzamento, 26 391 821 euros.

    Saiu o día 23 no BOP. Cunha lonxitude de 65 km, máis de 14 deles en Ribadeo. Presión, 80 bar, ou sexa, unhas oitenta atmosferas. Recorrendo a Mariña de Ribadeo a Viveiro, ramal do gasoduto LLanera-Vilalba. Da empresa ENAGÁS (ver o informe anual). Gaosdutos de Enagás na zona noroeste

  • A estas horas, o concerto xa tiña rematado

    Unha nova banda, a Banda de Música de Ribadeo, dera xa o primeiro concerto aló polo 1992. Un video lembrábao polo 20 aniversario.

  • ¿SAINETE OU CACHONDEO? Nota de prensa de ‘por nuestro faro’ – Ribadeo

    Damos conta hoxe da resposta do goberno español á pregunta formulada polo deputado Miguel Anxo Fernan Bello do grupo En Marea con data de entrada do 10/10/2017 e resposta por escrito o 19/12/17. Fernán Bello preguntaba concretamente cal era a postura do goberno tralo segundo informe do Defensor del Pueblo de 22 de Agosto. A…

  • Curiosidades en Santa Cruz

    O ribadense espazo de Santa Cruz no inverno non soe ter moitas visitas. E a natureza, mentres, está a preparar a primavera e o verán, ás veces, con sorpresa. Non é que presente un aspecto moi diferente, mais hai sempre curiosidades que ver. Aquí deixo algunhas, tomadas días atrás. A árbore da imaxe parece modelada,…

  • Un inmoble por cada ribadense. 30 000 € de valor catastral

    Iso é o que se desprende do censo de inmobles no concello. Case 10 000 habitantes, case 10 000 inmobles. A valoración total sobe algo de 300 000 000 €, o que da, de media, algo máis de 30 000 € de valor catastral por cada inmoble. Ou por cada ribadense. Algo menos de 2…

  • Actualización do concello

    Esta mañá escribín sobre o concello de Ribadeo, sobre a súa web e o erro ó entrar nunha sección, a de arquivo. Doce horas despois comprobo que a web segue igual, sen corrixir. Pero entrei na web do concello de novo non por iso, senón porque remato de enterarme que hoxe hai pleno. Para mirar…

  • Arquivo de Ribadeo, ‘internal server error’

    Unha das posibilidades que máis me gustou cando a vin na web do concello foi a do arquivo municipal. Os documentos que alí poderían estar amosados facían pensar nunha interacción do pobo coa historia de Ribadeo que non se dera ata o momento. Mais a web xa leva algún tempo inhábil (non sei exactamente canto).…

  • A pel vilega de Ribadeo

    Dende hai tempo, en todo o mundo, vnese producindo unha transformación cara a urbanización. En Ribadeo podemos dispor de gráficos de case os últimos vinte anos dun xeito sinxelo, recollendo datos no Instituto Nacional de estatística. É pois doado observar que en 17 anos a vila aumentou 2000 habitantes, mentres o concello só o fixo…

  • Ribadeo aumentou o turismo un 12 % o pasado ano

    Hoxe, 17 de xaneiro, comeza FITUR, a feira internacional de turismo que é visitada por representantes ribadenses dende hai xa moitos anos. Esta edición, o concello sacou unha nota (onte) na que indica que vai ir a concelleira do ramo, Ana Mª Martínez, o alcalde e a técnico de turismo. Non se di nada sobre…

  • Dous casos

    Quédome a pensar sobre dous casos diferentes de convocatorias feitas en Ribadeo: a de subvencións do ARI (convocatoria de Ribadeo e Rinlo) e a de alegacións ó Plan Especial das catedrais. O motivo é sinxelo: A do ARI remata a fin de mes e mereceu unha lembranza, a dúas semanas do final, para que se…