-
Actualización do concello
Esta mañá escribín sobre o concello de Ribadeo, sobre a súa web e o erro ó entrar nunha sección, a de arquivo. Doce horas despois comprobo que a web segue igual, sen corrixir. Pero entrei na web do concello de novo non por iso, senón porque remato de enterarme que hoxe hai pleno. Para mirar…
-
Arquivo de Ribadeo, ‘internal server error’
Unha das posibilidades que máis me gustou cando a vin na web do concello foi a do arquivo municipal. Os documentos que alí poderían estar amosados facían pensar nunha interacción do pobo coa historia de Ribadeo que non se dera ata o momento. Mais a web xa leva algún tempo inhábil (non sei exactamente canto).…
-
A pel vilega de Ribadeo
Dende hai tempo, en todo o mundo, vnese producindo unha transformación cara a urbanización. En Ribadeo podemos dispor de gráficos de case os últimos vinte anos dun xeito sinxelo, recollendo datos no Instituto Nacional de estatística. É pois doado observar que en 17 anos a vila aumentou 2000 habitantes, mentres o concello só o fixo…
-
Ribadeo aumentou o turismo un 12 % o pasado ano
Hoxe, 17 de xaneiro, comeza FITUR, a feira internacional de turismo que é visitada por representantes ribadenses dende hai xa moitos anos. Esta edición, o concello sacou unha nota (onte) na que indica que vai ir a concelleira do ramo, Ana Mª Martínez, o alcalde e a técnico de turismo. Non se di nada sobre…
-
Dous casos
Quédome a pensar sobre dous casos diferentes de convocatorias feitas en Ribadeo: a de subvencións do ARI (convocatoria de Ribadeo e Rinlo) e a de alegacións ó Plan Especial das catedrais. O motivo é sinxelo: A do ARI remata a fin de mes e mereceu unha lembranza, a dúas semanas do final, para que se…
-
Asemblea de Amadores da Música
O venres tivo lugar a asemblea da Asociación Amadores da Música, sociedade titular da Banda de Música Municipal de Ribadeo. A xuntanza corresponde á dación de contas do ano 2017, e a súa convocatoria non ofreceu novidades, como corresponde a unha xuntanza ordinaria. O desenvolvemento tamén foi tranquilo, coa exposición de cada un dos puntos…
-
Placas de Sargadelos ilustrando o rueiro de Ribadeo
Hai case un mes foi anunciado polo concello que se ían poñer 32 placas de Sargadelos ilustrativas de diversos lugares da vila. O día 16 o concello emitiu unha nova nota de prensa coa inuauguración do novo viario, a posta da primeira placa, na rúa Ibáñez. Anunciose daquela que en poucos días estrían postas as…
-
Alguén se lembra das Catedrais?
Das Catedrais? Refírome non para empregalas como arma arroxadiza nin como galiña dos ovos de ouro, senón para reflexionar sobre o seu futuro, por exemplo estimando o plan especial, vendo os seus entresixos… En principio, o tempo de alegacións remata a próxima semana, e polo que parece, o coñecemento do plan é máis ben escaso…
-
AGORA SI: A AUTORIDADE PORTUARIA RECOÑECE AO DEFENSOR QUE FALTAN INFORMES. Por Nuestro Faro
Con data do 4 de xaneiro de 2018 o Defensor del Pueblo remítenos un novo escrito como consecuencia da resposta da Autoridade Portuaria ao informe do Defensor de 22 de Agosto no que reiteraba a falla de estudo de non afección á Rede Natura 2000 no proxecto de apartamentos no Faro da Illa Pancha. O…
-
O CAMIÑO NORTE POR BARREIROS. Breve historia. Emilio Piñeiroa Lozano
O Concello de Barreiros atópase situado na franxa norte da provincia de Lugo, denominada A Mariña. A súa situación xeográfica pode considerarse un privilexio natural, xa que se atopa entre o mar Cantábrico, con finísimos areais de ata 8 kms, e a montaña. O Camiño Norte percorre a zona interior do concello, zona agrícola e…
