Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.486 posts
38 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • A MORTE VIVA. Francisco José Campos Dorado

    Dentro da Ermida de Nosa Señora Santa María das Virtudes da Ponte de Arante, encóntrase esta figura que forma parte, entre outras, das preciosas, e mal, moi mal e moi precariamente conservadas pinturas murais, que mandou facer en 1516, D. PERO PARDO DE AGVIAR SENNOR DEL COTO DE SAN MARVGO, como reza a lenda baixo…

  • Arte en Ribadeo

    O castelo San Damián (parece que cada vez menos), a antiga oficina de Turismo, ou a nova, son algúns lugares que se usan en Ribadeo para exposicións. Con menos recorrido social, pero ás veces abondo máis público, o IES de Ribadeo Dionisio Gamallo tamén é usado para exposicións, xeralmente dos propios alumnos. Non me estou…

  • O acto de presentación do libro e mesa redonda en memoria de José María, en vídeo

    Realizado o sábado no acto por José Antonio Abella Albo.

  • No día mundial do medio ambiente, Ribadeo…

    5 de xuño. Día mundial do medio ambiente. Hai moitas loitas por cubrir a favor do medio ambiente, mais hoxe por hoxe, a fronte máis importante, a elixida como tema para 2018, é a contaminación por plásticos. Nin siquiera os gases de invernadoiro, que están levando a un cataclismo ó planeta con data case fixada.…

  • Pensións adecuadas? Non aínda.

    Non, un cambio da sociedade non é automático despois dun cambio de goberno. Nin as leis cambian de xeito automático. Por moitas esperanzas que se teñan postas. Aí está o Premio Nobel a priori de Obama, que terá sido bo presidente  ou non, mais o premio Nobel da Paz parece excesivo. Por iso o movemento…

  • Presentación do libro e mesa redonda: José María Rodríguez Díaz

    Presentación do libro e mesa redonda: José María Rodríguez Díaz       Onte domingo no salón de actos da Casa do Mar tivo lugar a mesa redonda e presentación do libro ‘José María Rodríguez Díaz, In memoriam’. A poucos metros, no mesmo edificio no que traballou durante anos no Instituto Social da Mariña.     O…

  • Jose María Rodríguez Díaz

    Jose María Rodríguez Díaz. Gallego bueno y generoso. Mindoniense de pro. Hoy le rendimos homenaje en La Casa del Mar de Ribadeo. Un gran Britoniense. Alumno y Profesor en Santa Catalina, por tanto hombre de letras impregnado con ese ambiente mágico que sólo puede encontrarse en ciudades inmortales como Mondoñedo. Uno de aquellos dignos e…

  • Ribadeo, a ría e Ramsar

    Hai máis de 5 anos, o blog ‘Ría de Ribadeo‘ alertaba sobre degradación da ría, que a levaba á lista de espazos RAMSAR ameazados, a pesar doutras proteccións medioambientais de diverso tipo e paisaxísticas. Hai unha semana, a prensa reproducía un artigo co título ‘La ría de Ribadeo podría ser expulsada del convenio Ramsar’. O…

  • Fervenza do Pozo Mouro

    Entre outras moitas novas, ás veces é convinte fixarse nalgunha das menos relevantes. Non porque teñan algo oculto destacable, senón por aspectos que non son nova, pero que marcan un contínuo aproveitable, un respiradoiro no medio do fragor das outras novas que marcan o día a día. Ese é o sentido da foto que amoso…

  • Un Alcalde ou un carteiro. Colectivo Por Nuestro Faro

    Vella imaxe da ila Pancha No pleno do concello de Ribadeo do pasado 25 de maio a concelleira do PSOE Aurora González Ginzo facía unha pregunta sobre o acceso á Illa Pancha de persoas aparentemente non relacionadas cos apartamentos turísticos. A resposta do Sr. Alcalde, como ven sendo o cotían, poñéndose de perfil, é que…