-
Grande América, pequena Terra
Non, aínda non nos enteramos: o que fai alguén neste pequeno planeta, repercute no resto. Algo lóxico, pero que, por estar o efecto de cada acto difuminado entre todo o resto de actos e persoas, algo ó que non se lle presta moita atención. E algo que inclúe dende cousas moi pequenas, individuais, a outras…
-
O que non din sobre ALCOA. Pablo Mosquera Mata
Sei de certo que o que a continuación publico é “políticamente incorrecto” pero débome á miña conciencia de profesor de Saúde Pública na UPV. O que non din sobre ALCOA O diario nacional de máxima tirada en España, “El País”, publicaba o 17 de marzo do 2010, un artigo titulado “Un estudo confirma contaminación por…
-
Hoxe foi o acto de nomeamento de Suso Peña como fillo predilecto de Ribadeo. Vídeo
Ás 12 da mañá, só anunciado de xeito público onte por Ribadeando e hoxe nunha nota curta por El Progreso, tivo lugar o pleno de nomeamento de Suso Peña como fillo predilecto de Ribadeo. O acordo tomouse no pleno do pasado día 13 de marzo, de xeito unánime, tal como aparece no vídeo. A cerimonia…
-
Mañá ás 12, Suso Peña fillo predilecto de Ribadeo
Remato de enterarme de casualidade, pois aínda que supoño que estará anunciado, non vin os anuncios: mañá sábado 30 de marzo ás 12, nun acto no salón de plenos, Suso Peña será declarado fillo predilecto de Ribadeo como foi acordado no último pleno. É de supoñer que está invitada calquera persoa que queira honrar a…
-
Casa da Ría e Eleccións (locais)
Casa da Ría de Ribadeo Comezan as imprecisións (imos comezar por verbas suaves aínda que non sexan exactas) para facerse oco na campaña local cara as eleccións de dentro de dous meses, eleccións locais de maio de 2019. O de ‘comezan’ é un dicir, pois de diferentes xeitos xa levan tempo rondando diversas novas, informacións,…
-
Verquidos: ate a próxima
Si, xa o sei: o dos verquidos tocaba hai un mes, non agora. Pero diso se trata, os verquidos volverán a ser actualidade cando nos volte afectar de xeito directo. E mentres? Non habería que ir loitando para que non volvera ocorrer? Porque denuncias, habelas, hainas, reproches, tamén, pero solucións, iso de ‘problema resolto’, coido…
-
Wikipedia:Comunicado 24 marzo 2019
Estimada lectora, estimado lector, O 26 de marzo a Unión Europea votará se se debe proceder cunha proposta de directiva sobre os dereitos de autor que, se fose aprobada, danaría significativamente a Internet aberta que coñecemos. En lugar de actualizar as leis de dereitos de autor en Europa e promover a participación de tódolos cidadáns…
-
Que parte de ‘caciquismo’ non entendiches?
Vénseme á cabeza o Ron Cacique, coa etiqueta caracterizada cun indio con plumaxe. O nome de cacique ven do que se lle daba ós xefes locais das comunidades taínas de América, e foi importado na idea de que eses xefeciños facían o que lles petaba nas súas comunidades, pola inexistencia de leis escritas e por…
-
Nota de prensa Por Nuestro Faro: Resposta do Concello á resolucion da valedora
Como lembrarán os lectores que sigan o periplo, o día 4 de marzo recibimos a resolución da Valedora do Pobo na que esixía ao concello de Ribadeo que nos dese resposta a unha pregunta formulada o 10 de setembro de 2018 sobre a concesión da licencia de actividade para os apartamentos da Illa Pancha. O…
-
60 000 espectadores
Faye White. Collido de Wufong en https://commons.wikimedia.org/wiki/File:Faye_White.jpg, lic. Creative Commons recoñecemento compartir igual xenérico 2.5 E iso? Pode que haxa que especificar máis… Como xa teño mencionado algunha vez, quen impón a noticia a tratar está adiantándose mesmo ás posibles manipulacións da noticia, está mesmo ‘impoñendo o futuro’. De aí que no blog, dende hai…
