Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.486 posts
38 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • Suso Peña, en vías de ser fillo predilecto de Ribadeo

    Despois de ser pedida no outono, a petición de fillo predilecto de Ribadeo para Suso Peña via a Comisión e, a próxima semana, a pleno. Mira o artigo sobre Suso na Galipedia e a nota do prensa do concello co anuncio (entre outras cousas) da tramitación de fillo predilecto: OUTRO ASUNTO SERÁ O PACTO DOS…

  • PRESENTACION DO LIBRO “O FUTURO DAS PENSIONS”. Nota de prensa

    O sábado próximo, 9 de marzo presentarase en Ribadeo o libro “O futuro das pensions en Galiza, Estado Español e Europa”. O acto terá lugar no Cine Teatro ás seis da tarde. Na mesa estarán como ponentes Lidia Senra, eurodeputada galega, Xavier Pérez Davila, economista, escritor e membro de MODEPEN e Victoria Portas, tamén membro…

  • Propaganda electoral: unha cuestión práctica

    Resulta que anda por algo máis de 1 € o que se gastan os partidos para o envío subvencionado desa publicidade que din electoral e que en xeral chamaría electoralista. E resulta que un cambio legal de hai non moito permite que te borren da lista que é entregada ós partidos para que fagan propaganda…

  • Mazás

    Lembro coller mazás das árbores. Lembro ver como as mulleres viñan en coche de liña ó mercado a traer os seus produtos, entre eles, mazás. E logo, velas nas tendas… ata hoxe. Hoxe fixeime nun posto tradicional dun mercado tradicional nas mazás. Cinco variedades, todas lozanas, brilantes, todas iguais. Todas, cunha etiquetiña pegada, cun número,…

  • Nota de prensa. Colectivo ‘Por Nuestro Faro’

    A illa Pancha. Retocado de Chairego_apc na wikipedia, lic. CCBYSA3.0 Como xa temos informado anteriormente, o Colectivo “Por Nuestro Faro” viuse obrigado a recurrir á Valedora do Pobo Galego, diante da negativa do Sr. Alcalde de Ribadeo a cumplir a súa obriga de dar información dacordo ca lei de transparencia. Agora recibimos unha resolución da…

  • Incendiarios

    Un novo incendio, unha renovada intención de destruír. O plano anterior (collido do sixpac) abrangue máis ou menos a zona de incendios sucesivos que está a haber. Zona despoboada, preto da ría, con posibilidade de estar en poucos minutos na autovía ou no máis recóndito doutra zona boscosa. O por que? Coido que hai que…

  • A crise na asistencia sanitaria. Pablo Mosquera

    Dos dereitos sociais contemplados polo Ordeamento Xurídico que protexe o Estado de Dereito a través da Constitución de 1978 e os diferentes Estatutos de Autonomía, quédome o que aprendemos do Servizo Nacional de Saúde no Reino Unido. Curar e coidar, que dan orixe ao que máis tarde se chama Espazo Socio-Sanitario. A tal cuestión que…

  • A auga de Ribadeo, unha historia

    Hoxe, 26 de febreiro de 2019, repetiuse a historia. De novo a auga da billa en Ribadeo chega ás casas en malas condicións. Embaixo deixo a nota de prensa do concello. Mentres, non estaría mal repasar a historia repetida dende o inicio do CAVI. No blog hai abondas referencias; entre elas, as que aparecen nesta…

  • Mapas de Ribadeo

    Hoxe por hoxe pódense atopar múltiples mapas de Ribadeo. Dende os de openstreetmap, pasando por Google maps ós mapas do concello, por non falar dos englobados noutras institucións como o sixpac da Xunta (ou o sigpac a nivel estatal) a Confederación Hidrográfica do Cantábrico (que inclúe medio concello, ó sur do Mondigo e chegando xusto…

  • O tirón de Ribadeo

    Onte pasoume una amigo unha imaxe: as Catedrais como reclamo turístico. Ben, si, ten aparecido moitas veces. Si, mesmo como se usa neste caso. E, como se usa neste caso? Pois como reclamo para Asturias… Se ata ten aparecido en La Nueva España en ese sentido! Conste que penso que a imaxe das Catedrais non…