Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.423 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • Semana Santa?

       A Semana Santa é un patrimonio relixioso. Si? Coido que era. O nome, o empaque de actuación, segue séndoo, pero hoxe por hoxe, quen se atreve a afirmar que a superficie -ou o fondo- das actuacións que teñen lugar por toda España esta semana son de tipo relixioso? Só as persoas que confundan (pódese…

  • Pro eleccións: estás preparado ou preparada?

    As eleccións son unha oportunidade. Por estes lares, co nivel de participación social que se tenta acadar de xeito desinteresado -nulo-, case unha anomalía. Anomalía que hai que aproveitar como resquicio nesa falta de participación, como oportunidade dunha mínima de toma de control sobre unha parte moi importante da vida de cada un. Por iso…

  • As Catedrais, de xeito periódico: esquizofrenia catedralicia

       Co valor ambiental e económico, e o movemento ligado ó ciclo anual, xa temos de novo nos medios a ración asegurada de Catedrais. A máis, nesta primavera, hai novidades. Despois da morte dunha visitante por impacto ó desprenderse unha rocha do teito dunha cova, a prohibición de recorrer o alto do cantil, o alucinante…

  • 15 de abril

    Esperanza Pérez Camba, recitando unha poesía propia no acto da República en S. Cibrao. Onte foi a comida anual de Os Aventados. Como é tradicional, celebrouse unha entrega de premios, que logo referirei. Pero, antes, houbo unha homenaxe á xente que defendeu a República. Porque onte, 14 de abril, foi o aniversario da proclamación da…

  • Dos datos da enfermidade de Steve Jobs ás guías para difusión de incidentes da US Navy: Wikileaks

    Atribución-Compartir igual 3.0 Sen adaptar (CC BY-SA 3.0) collido de https://gl.wikipedia.org/wiki/Ficheiro:Wikileaks_logo.svg A transparencia internacional sinteuse atacada unha vez máis ó permitir Ecuador que Assange fora capturado. A resposta de Wikileaks, a liberación dunha morea de documentos de moitos países e entidades privadas, un novo exercicio de transparencia nun mundo no que moitos somos cada vez…

  • Goberne quen goberne, as pensións deféndense. Tamén na campaña electoral

    Ribadeo, 13 de abril de 2019. Un ano de concentracións. E medrando. Pouco a pouco, pero medrando mesmo no comezo da campaña electoral: primeiro día da campaña das xerais. Se poedir o voto para ninguén, pero pedindo que non se vote a quen está a atacar o sistema de pensións para convertelo en privado a…

  • A praia das Catedrais, atacada por quen tiña que protexela

    Case mellor que un  novo escrito, unifico forzas e reproduzo a nota de prensa da Sociedade Galega de Historia Natural que se pode ver na súa web: Pésimo exemplo na Praia das Catedrais Segundo as novas e fotografías publicadas nos medios de comunicación, a Xunta de Galicia está a colocar sinais de perigo de desprendimentos…

  • Inverosímil, alucinante ou esquizofrénico? Por Nuestro Faro

    Por fin, despois dos interminabeis trámites que xa temos comunicado, a semana pasada puidemos consultar os dous tomos do expediente sobre a licencia de apertura dos apartamentos da Illa Pancha no concello de Ribadeo.  O que alí nos atopamos despexa tódalas dúbidas sobre os motivos do Sr. Alcalde para non respostar ás nosas preguntas dende…

  • Ribadeo: explosión de ciencia

    Ben. A conto do título, un apunte: non se trata dunha explosión destrutiva, nin moito menos, senón unha explosión no mesmo sentido que a explosión de flores nos campos na primavera. Da vida que medra, se organiza e aprende a vivir. Chegan estas datas, e un evento esperado ano tras ano polos estudantes de medias…

  • Éxito da Pancha

        A Pancha xa conseguiu a gloria. Se se van poñer en circulación 40 000 euros, iso implica unha subvención de 10 000, máis os gastos de posta en marcha, pois os anuncios que aparece na prensa teñen un custe.     Enténdese que se fai unha promoción é para obter un rendemento, aínda que non…