-
A idade dos alcaldes de Ribadeo: Alcaldía de Ribadeo e idade
No seu momento, esquecín poñer ó día un gráfico curioso: o das idades dos alcaldes de Ribadeo. Aproveito agora para actualizalo de xeito parcial. Os dez alcaldes de Ribadeo na época democrática están ordeados por data de acceso ó cargo, aínda que os hai que estiveron só uns poucos días (a maioría dos…
-
Folga internacional mañá, venres 13 de decembro polo que está a suceder na COP 25
Copio a versión en castelán dun correo recén recibido: ACTIVISTAS PRESIONAN A LA COP25 PARA QUE CREE “UN CAMINO SEGURO PARA LA HUMANIDAD” IDIOMAS: English | Español | Français El miércoles 11 de diciembre, echaron de la COP25 de Madrid a más de 300 activistas por el clima, entre lxs que había muchxs jóvenes manifestantes…
-
O que nos chega do cumio climático
Esta tempada, algunhas novas teñen mala sorte: a formación de goberno enléase con Cataluña e mesmo con ETA, de tal xeito que se toma a información dunha parte da negociación como representante e referencia por toda ela, quedando o resto arrinconado. E isto, o que está a ocorrer nunha parte da actualidade nun estado secundario…
-
O nome da Ría de Ribadeo. A voltas co nome.
Como esta tempada os políticos asturianos, en procura de polémica para chamar a atención, andan querendo darlle unha nova volta ó nome da ría, deixo de novo o documento da “Comisión de Nombres del Consejo Superior Geográfico”, lembrando que non hai voltas de folla que darlle, a máis de lembrar tódalas veces que foi tratado…
-
A Constitución como nai adoptada
Soe ser normal que quen teña o control nunha relación nai-fillos sexa a nai sobre os fillos e non viceversa. De aí parto cando comezo a escoitar aquelo de ‘os pais da Constitucion’, como se alguén poidera ser orfo de nai ou houbera unha especie de ‘Espírito Santa’ feminina para a Constitución. Ou, en versión…
-
Aquí, como en Vigo
Esta tarde agasalláronme co titular: aquí, como en Vigo. Remedando o concerto ‘aquí, como en Viena‘, este Nadal Ribadeo 2019 competimos en iluminación con Vigo. En iluminación, que din que en luces non, que o de ter moitas luces ou poucas luces é outra cousa, que, outros sentidos aparte, hai zonas do pobo sen…
-
Asociación social pro maiores José Mª Rodríguez. Nota de prensa
O pasado sábado 30 de novembro tivo lugar no local dos lavadoiros da rúa dos fornos un encontro entre diversas persoas interesadas en levar adiante a asociación. Púxose en común o estado dos trámites, que se estiman concluídos e só a falta de comunicación, aínda que esa comunicación pode levar aínda un tempo. Máis adiante…
-
Estamos na hora das promesas
Comezando coa COP 25, chegan as promesas. Como só son promesas, sen consecuencias punitivas en caso de incumprimento, e a comunidade mundial non é especialmente compacta para presionar, importa un bledo que o mundo se vaia ó garete. Chaman a atención diversas cousas, comezando pola propia realización da conferencia mundial en Madrid. Si, porque estaba…
-
Luces e sombras
Contrastes. Mentres unhas partes de Ribadeo van ser invadidas por luces que impedirán ver o ceo nouturno, estrelas ou nubes de chuvia, mesmo dificultando o tráfico, co ánimo de promover consumo, outras partes quedan aínda máis afogadas na oite ó haber máis luminosidade nos arredores pero a mesma megrura alí. Así ocorre, por exemplo, na…
-
Escudos de Armas do Concello de Ribadeo
Onte presentouse o libro Escudos de Armas do Concello de Ribadeo: heráldica, xenealoxía e nobiliaria.O salón de actos da Casa do Mar de Ribedo acolleu ó público que desfrutou das palabras de Pancho como adianto á lectura do libro. Alí saíron ordeadas a xénese da heráldica ou parte da historia ribadense, e non só relacionada…
