Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.486 posts
38 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • María Vieites, novo Premio á mellor traxectoria profesional científica xove

    Onte tivo lugar a X Reunión Galega de Xóvenes Investigadores no Extranxeiro. Nela foille entregado a María Vieites Díaz, investigadora no CERN e profesora na Universidade de Lausana, e ribadense, o Premio á Mellor Traxectoria Profesional Científica Xove. O premio, para menores de 30 anos, foi concedido por AMIT – Gal, a Asociación de Mulleres…

  • sobre o borrador de Anteproxecto de Lei sobre dereitos de autoría e dereitos afíns no mercado único digital europeo

    Por ser de interese xeral, a máis do particular para o blog, traduzo o documento Wikimedia España/Políticas Públicas/Consulta Pública 16 Diciembre (licenza Creative Commons recoñecemento compartir igual 3.0): Opinión de Wikimedia en relación á consulta pública sobre o borrador de Anteproxecto de Lei sobre dereitos de autoría e dereitos afíns no mercado único digital europeo,…

  • Algúns artigos noutros lugares diferentes do blog

    Sen ser exhaustivos, en dixital: En Galicia Dixital En Crónica3 En Praza

  • Una noticia sobre o ensino en Ribadeo e no mundo

    Hoxe por fin logrei poñerme ó día lendo unha nova de ensino na revista Eduga. Trata da internacionalización de proxectos europeos en Ribadeo, en concreto neste caso no CIFP Porta da Auga. Continúa por este medio unha internacionalización á que contribuín no seu día cos primeiros proxectos, baixo a dirección de Álvaro Doural no IES…

  • 21 de decembro, Galicia

    Onte, 21 de decembro de 2019, ás 10:02 UTC foi o solsticio de inverno. E onte tamén foi o 39 cumpreanos do referendo do Estatuto de Autonomía de Galicia (que podes atopar aquí ou aquí, entre outros moitos lugares) vixente na actualidade, pois hai que lembrar que no ano 1936 houbo outro estatuto de autonomía…

  • Unha árbore no Nadal 2019

  • Que non nos enganen: dúas novas económicas que afectan a Galicia

    Temporal. Unha cancelación dunha actividade que me afecta polo Fabien. O tempo está tolo. E coa economía quérennos tolear. Pode parecer que non teñen relación, pero as dúas novas de onte que remato de ler en El Economista e que afectan a Galicia coido que teñen relación co clima. Unha, que as contas do pasado…

  • Polas pensións

    O autobús vai enchéndose: Ribadeo, Barreiros, Vilanova, Mondoñedo… aínda non son as sete e media e as prazas están todas ocupadas. Esta xente madruga. Ó traballo? En certo xeito si: ó traballo de defender os seus dereitos despois dunha vida laboral que xa ten rematado. Vellos coñecidos a través dos anos, de toda unha vida,…

  • Actores ribadenses

    Non pretendo aquí deixar conta máis que dunha curiosidade: actores ribadenses que aparecen na IMDB, Internet Movie Data Base, unha páxina web completamente accesible de recursos cinematográficos. Poño só uns poucos, rstrinxidos a unha soa película: Os mortos van ás présas, película pola que cheguei ós datos. Aquí quedan algunhas das reseñas, que copio ó…

  • A ilusión da arte

    Imaxe do tríptico ‘A métrica do ilusionismo’ Constrúe. Vive. Interpreta. Sinte: unha arte, arte. Hai xa medio século que un libro, ‘Against interpretation’ (Contra a interpretación, de Susan Sontag) rematou de dar un novo sentido á arte, precisamente destilándoa como esencia de sentementos vividos polos sentidos (que nos tempos e significados actuais non é unha…