Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.422 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • A Ponte de Arante: pintura mural do Naufraxio. Emilio Piñeiroa Lozano

    A Ponte de Arante: pintura mural do Naufraxio Por Emilio Piñeiroa Lozano Hoxe A Ponte é lugar de importancia por ben fundadas razóns, amalgando Historia e tradición, devoción e Arte para ofrecer ao visitante innegables atractivos. Dunha parte, A Ponte é un centro mariano de relevo, con moitos devotos e romeiros. Doutra, a Nosa Señora…

  • Un para todos, todos para un: Isaac

      Un para todos, todos para un: Isaac     Recibo nova de que mañá, 22 de agosto, é o centenario do nacemento de Isaac Diaz Pardo. E, como primeiro impulso, vou á Galipedia e comprobo, e, de paso, volto sobre a súa biografía. Estamos no verán, nun verán atípico, e desconectado das noticias que machacan…

  • O que ten nome existe: toponimia da historia de Ribadeo

      Dentro das Xornadas de Historia Local 2020 organizadas pola Asoc. Cultural Francisco Lanza de Ribadeo, o 21 de agosto no auditorio de Cabanela tivo lugar a charla O que ten nome existe: toponimia da historia de Ribadeo, impartida por Rocío Dourado Fernández e presentada por Farruco Graña. Deixo en baixo a ligazón gravación que…

  • De temperaturas

    Onte foi un día de calor. Non chegou, nin moito menos, á máxima rexistrada na estación meteorolóxica da Granxa Pedro Murias (35,4 ºC, 15 de outubro de 2017), pero chegounos. Ao menos a moitos, aínda que haberá a quen lle pareza unha temperatura normal. De calquera xeito, polo momento, en Ribadeo non houbo ninǵun ano…

  • Novelle

      Novelle Pode que non o coñezas: non foi político, nin artista, nin celebridade mediática… mais a súa influencia a nivel Galicia non é desprezable. Coñecín a Javier Novelle no ano 2000. Coñecímonos. Ou máis ben, deba dicir coñeceume: preparando el a 5ª edición do Día da Ciencia na Rúa, tivo noticia da Feira da…

  • Podemos, un partido atípico

       O abominable Tribunal de Orde Pública estreouse en 1963 condenando a 10 anos de cárcere a Timoteo Buendía. O seu crime, como o de media España, foi beber un pouco máis de viño na barra dun bar e gritar ao televisor “Me cago en Franco!”. O xuíz aplicoulle a pena por inxurias ao Xefe…

  • Confinado en Ribadeo

    Onte púxose á venda en Ribadeo (Gráficas Santiago) o libro de Ángel Alda ‘Diario de un confinado en Olavide’, cun suplemento ribadense, ‘Confinado en Ribadeo’, do que embaixo deixo a portada. Os apuntes complementarios poden verse tanto como anexo como, dunha forma máis completa, unha continuación, interpretación con diferencias no só no espazo, senón tamén…

  • Observación astronómica… esperemos.

    Resulta que o domingo 16 (non o 13 que indica o cartel, quedou posposto pola temperie) e o 24 hai actividade de astronomía. Charla e despois, observación. Serán levadas a cabo por Pedro Pablo Campo apoiado por Jorge Gómez.  A nota do concello: “ O Concello de Ribadeo colabora na organización dunha nova actividade de…

  • Mapa de Galicia por concellos

     Un mapa de Galicia por concellos, agrupados por comarcas, remata de ser posto a disposición en Commons (e polo tanto, na Galipedia) polo usuario Sobreira. O seu uso está permitido con licenza CC BY SA 4.0. Versión reducida:

  • Que define o éxito?

    Que define o éxito?     Máis dunha vez teño sentido que cousas que para min eran exitosas, para outra xente non o eran, e viceversa. Aí entran gustos, perspectivas, intereses… ó fin, diferentes criterios. Pero se a nivel particular podemos inferir todos eses flecos que fan diversa a resposta, podemos facelo asemade a nivel social?…