Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.337 posts
31 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: historia

  • ANA MARÍA GÓMEZ. Xosé Carlos Rodríguez Rañón

    ANA MARÍA GÓMEZ Xosé Carlos Rodríguez Rañón Algún de vostedes coñece a esta muller viveirense? Se cadra, así, en principio, non, mais se lles digo que Maruja Mallo era o seu nome artístico, o misterio fica resolto ipso facto. É unha muller pola que eu sinto verdadeira fascinación. Pintora surrealista e vangardista nun mundo de…

  • O libro de As pedras da memoria, en internet

    Aló, en xullo, cando foi presentado en Ribadeo o libro Pedras da Memoria, no mesmo acto, pedín permiso ós autores, Ramón López e Miguel Freire, e ó concello no seu representante, o alcalde, para subilo á rede e con elo, contribuír a súa difusión. Chegou o día, e aquí deixo ligazóns a dous lugares para…

  • Lembrando a José María Rodríguez: obras escritas

    Lembrando a José María Rodríguez: obras escritas     Hoxe hai catro anos do pasamento de José María Rodríguez Díaz (1). Unha das primeiras cousas que me propuxen a continuación está aínda sen facer na súa meirande parte. Trátase de xuntar as súas obras escritas. Como mínimo, de indexalas nalgún lugar.    Coa publicación do libro…

  • Concerto 70 aniversario. Coral Polifónica de Ribadeo

    Hoxe tivo lugar o concerto aniversario da Coral Polifónica de Ribadeo, que tivo a súa primeira actuación da man de Carlos Álvarez Fernández Cid hai pouco máis de 70 anos. No concerto, o un por cento da poboación de Ribadeo estaba no estrado cantando diante dunha igrexa ateigada, con moita xente de pé. Coido que…

  • Santa Cruz, ‘preparada’ para a Xira coa Casa da ría engalanada

    De xeito periódico xa collín a costume de pasarme por Santa Cruz, a ver como vai aquelo. ‘Aquelo’ para min é máis ben a Casa da ría, e máis concretamente, a zona da cúpula do telescopio. O motivo inicial desa costume é que vai para dous anos vin como a Casa da Ría pasaba do…

  • Crónica da presentación de ‘Pedras da memoria’

    Onte foi presentado o libro ‘Pedras da Memoria’. Deixo en baixo o audio da parte principal da presentación, a cargo de Miguel Seijas. A dicir que me faltaron as verbas finais, poucas, do alcalde, e a apostilla ben traída de Ramón López, da que, ó estenderse, deume temo de recapitular e gravar, aínda que só…

  • Recuncho da lectura: Pedras da Memoria

    Recuncho da lectura: Pedras da Memoria Pedras da Memoria. Ramón López Pérez, Miguel Freire Sitjas. ISBN – (D.L. LU 176-2024). Asociación para a recuperación da memoria histórica/Concello de Ribadeo. Ribadeo 2025. 109 px. Editado sen pretensións, ven cubrir un oco necesario na memoria histórica de Ribadeo, ó dar cobertura á vida das xentes que deron…

  • Ramón González e Corona Conzález Santos: Un matrimonio de filántropos

    Remata de chegar ás miñas mans o último libro polo momento de Celia Castro Fernández e Eoditorial, “Ramón González e Corona Conzález Santos: Un matrimonio de filántropos”. Xunto con el, recibín tamén o marcapáxinas de Juan Estévez Monteavaro. Como digo, recén recibido, non podo apuntar moito del máis aló de que era esperada a súa…

  • UN EXPOLIO SIN ACLARAR. José María Rodríguez Díaz

    Un caso, o das vidreiras, que hoxe parece esquecido, pero que que se saiba, segue sen ser rectificado en canto a procedementos, e polo tanto, pode volver suceder en calquera momento. Por certo, as vidreiras foron substituídas por outras novas… Viernes, 18 de marzo de 2011 UN EXPOLIO SIN ACLARAR Pasaron ya cuatro meses desde…

  • ESPAZO DE CINE. Xosé Carlos Rodríguez Rañón

    ESPAZO DE CINE Xosé Carlos Rodríguez Rañón O histórico edificio en cuxo baixo estaba o emblemático cinema Avenida (situado nos Cantóns coruñeses) reabriu o pasado mes de marzo despois dunha longa tempada de reformas. Eu xa case non o lembro aberto como sala de proxeccións, mais o que si lembro é o seu progresivo deterioro,…