-
Hoxe e a Acta do Pleno do Concello de Ribadeo de 13 de setembro de 2004
Por estar de actualidade a aprobación do novo estatuto dos plenos de Ribadeo, que adxunto ó final, deixo tamén a Acta do Pleno do Concello de Ribadeo de 13 de setembro de 2004, que regulaba unha minúscula participación cidadá nos plenos, cousa que este novo estatuto non contempla (a dicir verdade, non nega tampouco, simplesmente…
-
Pode empregarse o muro de novas do concello para criticar á oposición?
Deixo a captura de pantalla realizada hoxe mesmo dunha nova posta esta mañá no muro de novas do concello. Non entro a valorar os motivos da oposición nin os do goberno municipal a favor ou en contra da solicitude dun convenio extraordinario no pleno de onte. Si lin a nota de prensa, que sería a…
-
Onte (20260127) houbo pleno
Si, polo que parece estaba a convocatoria do pleno dende hai hoxe cinco días na sede electrónica do concello, pero non a vira. A convocatoria era a seguinte: Penso que de terme decatado antes, tería ido. E é que me chamoa a atención que antes de rematar xaneiro haixa unha “Modificación orzamentaria 03/2026”, que non…
-
Do pleno de 18 de marzo
O 18 de marzo houbo un pleno en Ribadeo. O asistir a el deixoume un regusto amargo como tentei plasmar na entrada correspondente do blog. Como dixen alí, segue sen estar accesible na web do concello a convocatoria, e polo tanto, a orde do día que se seguiu. E, pasados dez días, non vou comentar…
-
Reflexos condicionados

Din que músculo que non se usa, atrófiase. E calquera aparello que non é usado, remata por estragarse, de xeito que cando se pretende usar, pode non responder… A democracia, tamén. De feito, estámolo a vivir. Teño estado presente en numerosos plenos municipais de Ribadeo, como público sempre, moitas veces acompañando a xente como José…
-
Pleno Ribadeo 20250218 extraordinario
Pleno en Ribadeo 20250218, extraordinario Onte celebrouse un pleno extraordinario, que, mirado dende certo punto de vista, tamén foi un extraordinario pleno para reflexionar sobre o xeito de facer política na actualidade e en particular dende o concello de Ribadeo. Vaia por diante que o audio, tomado dende a zona de público do…
-
Remata o pleno votando contra a lei? Video (e fin)
Foto de Suso Fernández. 17 de decembro de 2024. Como última entrega do pleno do martes 20250204 en Ribadeo sobre o ‘tratamento’ que se lles está a dar ás árbores, adxunto en formato vídeo os audios tratados por Suso Fernández, distinguindo no nome por orde de intervención e por nome de quen intervén maioritariamente.…
-
Remata o pleno votando contra a lei? Audio
O teixo de Arante, árbore senlleira dada onte por desaufizada polo alcalde. Autor descoñecido Aínda con problema, xa podo compartir o audio da sesión do pleno extraordinario e obrigado de 20250204 en Ribadeo. Tomado dende o fondo da sala, hora e media, sen editar. Componse de breve intervención do alcalde para abrir o pleno,…
-
Remata o pleno votando contra a lei?
Antes de comezar o pleno Remata o pleno votando contra a lei? A vida está chea de cousas absurdas que poden dar a impresión de non ser verídicas. Sabes por que? Porque esas cousas absurdas son verdadeiras. (L. Pirandello, Seis personaxes na procura de autor) 1.- Lembremos: un pleno extraordinario obrigado pola oposición sobre…
-
Martes 4F, actividade no concello
Martes, actividade no concello O martes 4 de febreiro está previsto que teña lugar tanto unha Xunta de Goberno Local como un Pleno Extraordinario obrigado, pedido pola oposición. O segundo foi obrigado legalmente pola peticiónda oposición, e terá lugar ás oito da tarde no salón de plenos (lugar normal da celebración dos plenos,…
