Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Unha segunda de hoxe, xa vella


Polo menos en xerme xa foi publicada no blog (agora será publicada tamén noutros medios):

Señores da Xunta.

Atópome que o noitebús non só continúa senón que se amplía. Tamén me atopo con que Galicia non destaca pola reducción de accidentes de tráfico. E con que, que eu saiba, non hai ningún estudo que demostre que o noitebús reduce a siniestralidade.

Non embargantes, unha subvención como a do noitebús vai direita a promocionar os desprazamentos da xente que non dispón de coche e carné de conducir, para facilitar o consumo nouturno de alcool e a producción de ruído molesta para os veciños, por exemplo. É unha subvención á movida con cartos públicos, aproveitando ademáis un sector da sociedade con factor de risco en relación á adquisición de hábitos de consumo de alcool.

Subvención que, ademáis e por exemplo, fai máis doado vir de Burela a Ribadeo (ou viceversa), máis barato, con máis frecuencia de autobuses, … de noite para a movida que de día para asistencia a consulta ó hospital.

Por favor, se estou equivocado, proporcionen os datos para que poda saír do meu erro…


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *