Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

De coña


O servizo que ofrecen algunhas compañías en Ribadeo. Levamos xa uns cantos meses nos que a conexión a internet sufre calquera avatar que se considere posible, pero este inverno, despois de varios cortes máis pequenos, remata de dar paso a unha primavera prometedora: máis dunha hora estivo a grande maioría de Ribadeo sen corrente eléctrica. Hai necesidade de dicir algo sobre para que se necesita a corrente e os danos que pode causar? Non creo que sexa necesario. Máis ben o necesario será promover e realizar unha protesta. Non hoxe, pero si cando pareza que se vai de novo esquecer todo isto e as compañías van saír de novo sen responsabilidade. A todas estas, que dirá o concello? Como aínda non ten un portal internet decente, haberá que esperar a mañá a ler a prensa (non recibo as típicas notas de prensa, a pesares de estar la lista de Cultura), o que pode ser unha ledicia se o concello se adica a darlle ó autobombo e un ¿por que non? se se limita a dar novas. Polo momento, só se sabe que presentará unha queixa ‘rigorosa’. Coido que queixa non chega a protesta, e moito menos a reclamación. O de rigorosa non o entendo moi ben.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *