Pasáronme o seguinte aviso, que reproduzo tal cual (máis adiante, noutra entrada, pode haber un comentario):
”
Na mañan do 31 de decembro rexistrouse no Concello de Ribadeo un escrito asinado por 163 veciños solicitando información sobre a línea de outa tensión de 400.000 voltios e a Subestación eléctrica de 40 MVA, que acordaron o Concello de Ribadeo, BEGASA, a Consellería de Industria e SEPES o pasado 31 de Xullo. Dende entón non se coñece ningún dato oficial sobre o trazado do tendido, as distancias ás vivendas, etc. e os intentos de varios veciños por conquerir información no concello non deron resultados positivos. Dos asintantes un 52 % foron homes e un 48 % mulleres. A distribución por lugares é a seguinte: Obe: 29; Frieira Nova: 23; Pastoriza: 18; Vilar: 17; As Anzas: 13; Reverte: 11; Frieira Vella: 7; A Capela: 5; Rio Pequeño: 3; Veiga d´Aira: 3; Alto dos Pinos: 2; A Pega: 2; Ribadeo: 2; Valín, As Aceñas, San Lázaro, Os Garitos e A Faxarda: 1; Sen localizar: 23.
As sinaturas recolléronse no plazo de cinco días e non se intentou unha recollida masiva, senón un dato testimonial da preocupación social por este proxecto. Agora as administración consultadas teñen un plazo dun mes para respostar dacordo ca directiva comunitaria 2003/4/CE.
Sr. Alcalde-Presidente do Concello de Ribadeo
Sr. Conselleiro de Industria da Xunta de Galicia.
Sr. Conselleiro de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.
Os abaixo asinantes, veciños de Ribadeo, expoñemoslle o seguinte:
1.- En distintos medios de comunicación do día 31 de Xullo de 2.008 recóllese a noticia do acordo asinado polo alcalde de Ribadeo, o conselleiro de Industria da Xunta de Galicia, o director xeral de SEPES e o presidente de BEGASA, para a instalación dunha subestación eléctrica de 40 MVA mais unha liña de outa tensión de nove km.
Os mesmos medios informan que tamén hai un acordo sobre as aportacions económicas dos participantes no convenio, de onde se desprende que as liñas xerais do proxecto técnico xa estaban trazadas a mediados do ano 2.008.
Nos últimos meses algúns veciños tiveron informacións sobre a posible ubicación dalgunha das torretas previstas para o tendido eléctrico devandito, perto dalguhas vivendas.
Pola outra banda, outros veciños intentaron conquerir información sobre o proxecto no concello de Ribadeo, sen chegar a conseguilo.
2.- Os efectos nocivos da outa tensión eléctrica para a saude humana xa son ben coñecidos na actualidade, particularmente algúns tipos de cáncer como a leucemia infantil das poboacions que residen a cortas distancias dos focos de contaminación electromagnética. Outros danos sobre o medio ambiente e as terras de cultivo poden resumirse suliñando que as explotacións agrícolas ecolóxicas non están permtidas a menos de 500 metros dos focos emisores.
Asemade debe suliñarse que o tendido que se proxecta afectaría á Zona de Especial Protección de Aves da Ría de Ribadeo, tamén incluida no Convenio Internacional de RAMSAR, na rede Natura 2.000 e na Reserva da Biosfera do Eo e Terras de Burón.
3.- No avance do PXOM de Ribadeo, exposto ao público nos meses de maio e xunio de 2.008, aparecen os terreos previstos para a ubicación da subestación eléctrica, pero non aparece o tendido da liña de outa tensión que chega á mesma subestación. O cal resulta especialmente sorprendente se apreciamos que nas mesmas datas de exposición do plan fíxose o primeiro anuncio público do proxecto (11,06,08), asinado un mes mais tarde (30,06).
4.- A Directiva Comunitaria 2003/4/CE do Parlamento Europeo e do Consello, relativa ao acceso do público á información medioambiental garantiza o dereito de acceso á devandita información que obre en poder das autoridades públicas e, concretamente no seu artigo 2 di o seguinte:
b) factores como sustancias, enerxía, ruido, radiacions ou residuos, incluidos os residuos radiactivos, emisions, vertidos e outras liberaciones no medio ambiente, que afecten ou poidan afectar aos elementos do medio ambiente…
e mais adiante:
a) tan pronto como sexa posible, e a máis tardar no mes seguinte ao da recepción da solicitud por parte da autoridade pública …
b) no prazo de dous meses … se o volumen e a complexidade da información son tales que resulta imposible cumplir o plazo de un mes…
En base aos puntos anteriores solicitamos que se nos facilite a seguinte información:
a) Planos do tendido previsto para a conducción de outa tensión dende o punto de conexión con outra rede, ata a chegada á subestación.
b) Distancia kilométrica exacta dende ese punto de conexión ata a subestación.
c) Vivendas afectadas pola instalación ata un radio de de 500 metros, con distancias a cada vivenda ou grupo de vivendas.
d) Terras de cultivos ou praderías afectadas na mesma distancia.
e) Solos presuntamente edificables, por pertenecer a núcleos rurais previstos no PXOM de Ribadeo no mesmo radio de 500 metros.
f) Se o proxecto do tendido eléctrico e mais da subestación conta ou pode contar no futuro con axudas económicas da Unión Europea.
g) Normativa medioambiental aplicable a este caso concreto a nivel galego, español e comunitario.
h) Estudos realizados para evitar ou reducir ao mínimo os riscos de contaminación eléctromagnética, neste proxecto.
i) Medidas informativas adoptadas polas autoridades implicadas para facilitar a participación dos particulares, asociacións veciñais, ecoloxistas, etc. na tramitación deste proxecto concreto.
(para contactar con Evaristo Lombardero 669752495)”